Saltar navegación

Exemplo resolto

Fagámolo nós...

Para lanzar unha cápsula á estratosfera, o seu peso é un dos factores a ter en conta. Canto maior sexa o peso, menor será a cota máxima de altitude que poidamos acadar. Por iso é importante establecer un compromiso entre a altitude que queremos conseguir e os dispositivos que instalamos a bordo. Para levar control das modificación do peso, podemos botar man das variacións porcentuais.


Caso 1

1. Nunha fase intermedia do proceso de deseño e construción da cápsula fixamos o seu peso en 900 gr. Un par de semanas antes do lanzamento decidiuse incorporar un novo experimento, que supuxo un incremento porcentual do 12 % respecto do peso inicial. En canto quedou o peso?

O peso inicial da cápsula eran 900 gr, que representa o 100 %. Coa incorporación do novo experimento, o peso total increméntase nun 12 %. Daquela, é sinxelo de ver que o peso final da cápsula queda nun 112 % (100 % do peso inicial + 12 % do incremento) respecto do peso inicial. Deste xeito podemos calcular moi facilmente cal será o peso final:

112 % de 900 gr = (112 · 900) : 100 = (100800) : 100 = 1008 gr

Caso 2

2. Debido a este incremento, acordouse entre todas/os alixeirar no posíbel o peso da cápsula, para non ver moi comprometido o obxectivo de altitude. Decidiuse prescindir dun dos sensores que inicialmente estaba previsto. Con isto obtívose unha mellora no peso da cápsula, reducíndoo até un 8 %. Cal é o peso definitivo?

Neste momento o peso total da cápsula é do 1008 gr, que agora representa o 100 %. Coa retirada do sensor conseguimos baixar o peso un 8 %. Deste xeito, o peso definitivo da cápsula representa un 92 % (100 % do peso de partida - 8 % do sensor retirado) dos 1008 gr que agora pesa a cápsula. O peso definitivo, en gramos, será o resultado desta operación:

92 % de 1008 gr = (92 · 1008) : 100 = (92736) : 100 = 927,36 gr

Caso 3

3. Cal foi a variación porcentual do peso estes cambios supuxeron respecto dos 900 gr que inicialmente estaban previstos?

A pregunta, tal e como está redactada, indica que se fagan os cálculos respecto dos 900 gr inicial. Isto quere dicir que os 900 gr representan o 100 %. 

Por outro lado, é claro que un incremento para pasar dos 900 gr aos 927,36 gr definitivos de 27,36 gr. O único que temos que calcular canto representan estes 27,36 gr sobre os 900 gr:

(27,36 · 100) : 900 = (2736) : 900 = 3,04 %

Tras estes cambios, o peso da cápsula incrementouse nun 3,04 % respecto dos 900 gr iniciais.