Saltar navegación

Exemplo resolto

Fagámolo nós...

O cálculo de porcentaxes é moi sinxelo, como veredes destes dous exemplos creados a partir dos datos das cápsulas MarumaSat.


A MarumaSat III pesou uns 1400 gr. Foi unha misión con claros obxectivos científicos. Deseñáronse varios experimentos que pretendían medir a variación do ozono en altitude e a incidencia da radiación ultravioleta. Para iso instaláraonse no seu interior varios dispositivos electrónicos, como unha cámara, baterías, sensores para a recollida de datos e algún experimento biolóxico. A distribución de pesos foi a seguinte:

- A batería pesaba un 24 % do total.

- A cámara, un 18 %.

- Os sensores para recollida de datos, un 15 %.

- Os experimentos biolóxicos, un 20 %.

Calcula o peso de cada compoñente.

MarumaSat III
NOSA. Axencia Espacial Escolar Galega. MarumaSat III (Dominio público)


BATERÍA

A batería pesa un 24 % do total. Daquela, estamos a falar dun 24 % de 1400 gr, que foi o peso total da cápsula. Faremos:

24 % de 1400 gr = (24 · 1400) : 100 = (33600) : 100 = 336 gr

CÁMARA

Do mesmo xeito, a cámara pesa un 18 % do total:

18 % de 1400 gr = (18 · 1400) : 100 = (25200) : 100 = 252 gr

SENSORES

Os sensores representan un 15 % do total:

15 % de 1400 gr = (15 · 1400) : 100 = (21000) : 100 = 210 gr

EXPERIMENTOS BIOLÓXICOS

Os experimentos biolóxicos veñen a ser un 20 % do total:

20 % de 1400 gr = (20 · 1400) : 100 = (28000) : 100 = 280 gr