Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de departamentos

UNHA VIAXE FELIZ POLA VIDA

Co obxectivo de colaborar na construcción dunha sociedade respectuosa e inclusiva, dende a materia de Relixión Católica realizanse actividades como a celebración do día do autismo o 2 de abril. No ano 2024 o lema para este día é unha viaxe feliz pola vida”.

 

Dende a sensibilización e a concienciación sobre o trastorno do espectro do autismo (TEA) o alumnado de Relixión Católica do Leiras Pulpeiro fixo na aula unha actividade que consistía na elaboración de lazos de cartulina de cor amarela, bermella, azul claro e azul oscuro, como símbolos de unión entre os compañeiros e compañeiras, que expresaban mensaxes en pictogramas de: igualdade, respesto, tolerancia, alegría, empatía, xustiza, atención, inclusión, etc. Co desexo de que chegasen a todos e todas colocáronse nos corredores do centro educativo.

 

BRIGADAS DE LIMPEZA NO XARDÍN DO LEIRAS

Dende o Departamento de Relixión Católica quérese facer consciente ao almnado do noso centro educativo da importancia de coidar os espazos comúns e fomentar o respecto polo Medio Ambiente. Así procúrase converter ao alumnado en axentes activos concienciados en coidar e mellorar o que é de todos.

Unha das actividades que se levaron a cabo para conseguir este obxectivo foi a denominada "Brigadas de limpeza no xardín", que consistiu en que nos cursos de 1º e 3º da ESO, utilizando recolledores feitos con materiais reutilizados e reciclados, o alumnado recollera o lixo que se atopaba espallado polo xardín.

Con entusiasmo e eficacia, clasificaron e depositaron o recollido nos contedores adecuados para tal fin, despois de facer unha selección detallada do mesmo.

 

Convocatoria Fondo libros curso 2024-2025

Publícase no DOG do 20 de maio de 2024 a convocatoria de Fondo Libros.

 

IMPORTANTE:

RECOMENDAMOS, PREGAMOS e INSISTIMOS en que procuren facer a solicitude de forma telemática, para que non pasen 300 persoas a entregar papeis no instituto.

 

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA:

 

CHAVE 365

É un sistema para identificarse telematicamente mediante código no teléfono móbil para calquera trámite da Xunta. MOI RECOMENDABLE.

EXCURSIÓN 3º ESO AO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

PowerPoint edu-sostibilidade

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño e tamén o día 6, o alumnado de 2º ESO realizou unha excursión organizada polo Departamento de Educación Física á Illa de Ons, situada no Parque Natural das Illas Atlánticas.

Esta actividade fixo consciente ao alumnado do noso centro educativo da importancia de coidar os nosos ecosistemas e a conservación da biodiversidade e así como do fomento do respecto polo Medio Ambiente.

 

EXCURSIÓN DE 4ºESO Á RIBEIRA SACRA

O 18 de maio o alumnado de 4ºESO de Relixión Católica coñeceu o CIMAR (Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana) en San Clodio Ribas de Sil, despois, xa no concello de Quiroga, dirixiuse ao túnel romano de  Montefurado e tamén alí visitaron a igrexa de San Miguel, onde unha técnica de turismo enviada pola Diócese de Lugo explicóulles a importancia que ten este templo no camiño de inverno a Santiago de Compostela.

A continuación achegáronse ao Castelo dos Novaes a partires do cal comezaron a pé a ruta do camiño de inverno ata chegares ao pobo de Caspedro, para despois xantar na Praia fluvial de San Clodio Ribas de Sil e así disfrutar deste privilexiado entorno natural.

 

 

 

EXCURSIÓN DE 3º ESO AO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

O 13 de abril o alumnado de Relixión Católica de 3ºESO coñeceu o Museo Etnográfico Municipal de Quiroga e despois o Museo Xeolóxico, complementando esta visita achegándose ao Pregamento Xeolóxico de Campodola-Leixazós, dentro do Xeoparque Montañas do Courel.

Pola tarde visitouse a Igrexa de San Martiño de Quiroga onde recibiron explicacións sobre a importancia artística do templo e das distintas manifestacións da relixiosidade popular galega que alí se manifestan.

CONECTANDO COA NATUREZA

 

Para facer consciente ao alumnado da necesidade do coidado do Medio Ambiente na materia de Relixión Católica temos como un obxectivo educar nos valores naturais. Os alumnos de 1º e2º ESO realizaron accións que os conectaron coa Natureza a través de actividades con árbores do xadín do noso centro educativo.

Con actividades como: abrazar árbores, rodealos, xogos e outras distintas accións, os alumnos convertéronse así en axentes activos e concienciados da importancia da protección do medio ambiente e do desenvolvemento sostible, tendo foco a inclusión, a xustiza o respecto pola natureza.

 
 

ENCHENDO O COMPOSTEIRO

Outra actividade que volvemos realizar este curso en colaboracón co PROXECTA+ ALIMÉNTATE BEN na feira da primavera consistiu en que o alumnado de tódolos cursos e o profesorado, despois de consumir a froita no periodo de lecer, recollemos as mondas e levámolas ao composteiro que hai no xardín do Leiras para facer un compost que logo servirá de abono natural para as prantas e arbustos do xardín.

Distribuir contido


by Dr. Radut