Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Bioloxía e Xeoloxía

Visita á Microscopio Electrónico, Facultade de Veterinaria e Hospital Rof Codina.

O pasado 18 de decembro de 2023, o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato visitou a Unidade de Microscopía Electrónica da USC-Campus Lugo situado no Edificio CACTUS, que está enfocada ás especialidades biolóxicas. Alí poideron apreciar imaxes de orgánulos celulares, virus e bacterias con Microscopio de Transmisión e de Barrido. A continuación a visita continuou na Faculdade de Veterinaria e no Museo de Anatomía, para rematar no Hospital Rof Codina. Agardamos repetir a experiencia.

 

Campaña doazón de tecidos e órganos

Unha mostra da campaña de doazóns de órganos e tecidos, desde a materia de Cultura científica de 1 de Bacharelato.

Biomoléculas

Desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1ºBAC fixo este creativo vídeo sobre biomoléculas para despedir o curso.

Visita á Facultade de Veterinaria

O luns 19 de decembro os alumnos e alumnas das materias de Cultura Científica, Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais e Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato visitaron á Faculdade de Veterinaria, o seu Museo de Anatomía, así como o Hospital Rof Codina. A experiencia foi enriquecedora, e en compañia da cadela Lupa, entre outras cousas aprenderon a distinguir un lobo dun can a través dos seus dentes, poideron apreciar o tamaño do estómago humano por comparación co dun rumiante, ou a importancia da doazón voluntaria para o banco de sangue canino ou de outras especies. 

División celular

 

Vídeo feito polo alumnado de 1ºBAC-B para ilustrar a división celular.

Pílulas do saber - Pseudoterapias (03-06-2022)

Desde a materia de cultura científica de 1 de Bacharelato, retomamos o programa Pílulas do Saber cun novo episodio adicado as Pseudoterapias. Aquí algúns dos participantes, pero detrás do guión está toda a clase. Se queres enterarte do que son algunhas das máis coñecidas pseudoterapias non te perdas este podcast!

Dirección: Cristina Gómez
Locutores: Judith, Tania, Marco, Camila, Miguel, Alexandre.

 

 

Visita aos Museos Científicos Coruñeses

Despois do parón da pandemia, este ano poidemos retomar a visita aos Museos Científicos Coruñeses con 3º ESO desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía, tanto a Casa do Home como a Casa dos Peixes. 

Por un lado na Casa do Home, ademais das exposicións tivemos o obradoiro que xiraba en torno ao noso preciado órgano: o corazón, con disección e todo. E na Casa dos Peixes, déronnos dúas charlas explicativas, unha na Sala das Caricias sobre peixes cartilaxinosos como os tabeiróns, e outra na Sala Nautilus que xiraba entorno a biodiversidade que desde alí se contempla, e onde coñecemos o emblemático tabeirón Gastón, ademais doutros peixes como meros, corbinas, besugos, etc. Xa por libre poidemos disfrutar das focas, así como das postas de raia nas súas diferentes fases embrionarias, observación de medusas, e tantas outras especies presentes no aquarium. Para o ano esperamos volver a facela! :)

Visita ao Courel

O pasado 25 de abril, o alumnado de Cultura científica e Bioloxía e xeoloxía de 1º de Bacharelato, tiveron a oportunidade de visitar o Courel. A visita correu a cargo de Guille da empresa de turismo activo Coureleando. Dúas foron as paradas principais: o Val das Mouras e a Mina da Granxa, unha mina romana de ferro recén redescuberta hai un mes.

Ademais de explicarnos a importancia xeolóxica do Courel para entender como se formou Galicia pola Oroxenia Varisca, poidemos apreciar calizas de hai máis de 350 millóns de anos de cando se formou Panxea, ou depósitos de ferro que marcan os límites entre o Silúrico e o Ordovícico, de hai uns 450 millóns de anos. O día axudou, e a época, polo que xa estaban en flor moitas das especies emblema desta serra como é o brezo branco, co seu cheiro característico a mel. Ademais de fungos como o Tremella mesenterica, poidemos ver fentos cos seus soros, plantas parasitas como as mullerengas, árbores coma carballos con carrabouxos, castiñeiros, loureiros, espiños, cerdeiras, aciñeiras..., e arbustos como rascacús e arandeiras.

A visita entrañou algunha que outra sorpresa, pero mereceu a pena o esforzo. 

Día da Terra 2022

O alumnado de 1º ESO desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración con Relixión e Valores Éticos, vén de traballar na elaboración dunha campaña de concienciación sobre a importancia da auga como recurso limitado, e acaban de pór en marcha unha votación para elixir o mellor cartaz co motivo da celebración do Día da Terra 2022, que se celebra este 22 de abril.

Tamén elaboraron cuñas de radio que servirán sen dúbida para concienciar a toda a cidadanía. Podes escoitalas aquí. :)

Desde o Leiras animámosvos a participar na elección do mellor cartaz, deixandovos o QR para que toda aquela persoa que queira participar poida facelo de xeito telemático. Co mellor cartaz elaboraremos diferentes materiais.

Coidemos a nosa Terra e cousa de tod@s!

 

Campaña Leiras Verdes

Hoxe 22 de abril, Día Mundial da Terra, queremos coller o relevo da campaña levada adiante en anos anteriores no IES Leiras Pulpeiro, e concienciar a todo o instituto para reducir o uso de plásticos, e incidir na separación selectiva dos residuos no día a día.

Para iso, alumnxs de 1ºESO D, desde as materias de Bioloxía e Xeoloxía e Imaxe e Son realizaron este vídeo, e emprenderán unha campaña de concienciación chamada Leiras Verdes.

Por un mundo libre de plásticos! :)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut