Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Concurso de Catrinas

Como no curso anterior, o departamento de Artes Plásticas convocou por Halloween o Concurso de Catrinas, amosando o alumnado nesta edición un nivel espectacular.

Os traballos foron expostos nos corredores do centro que foron valorados por membros da nosa comunidade educativa.

O resultado da votación foi o seguinte:

1º Premio: Gael Sánchez Salgado de 1º ESO D

2º Premio: Laura Rodríguez Ramudo de 1º ESO B

3º Premio: Ainara Vilariño Vázquez de 1º ESO C

Parabéns aos premiados e a todos os participantes do concurso!

Venres musicais - Hip Hop (17-11-2023)

Monográfico sobre o Hip Hop dende os anos 80 ata a actualidade. Realizado na materia de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Tiago Neira, Bruno Escamilla, Aroha Villar, Martín García
Control: Xabi

Campaña de Promoción do Xadrez

Desde hai xa varios anos, seguimos promocionando o xadrez como ferramenta educativa no noso instituto remarcando o seu potencial no ámbito da inclusión. Desta volta, organizamos dúas xornadas de campaña nos grupos de 1º da ESO consistentes en talleres de iniciación por parte de dous monitores da Escola Luguesa de Xadrez e da asociación Xaquedrum.

O xadrez é un elemento habitual no noso centro, na parte lúdica para os períodos de lecer e as gardas, mais tamén como elemento do que parten situacións de aprendizaxe curriculares. Con estas actuacións pretendemos que o siga sendo e que ademais de todo anteriormente dito, os valores que aglutina teñan un impacto positivo no ámbito da convivencia 

Venres musicais - Mundiais de fútbol (10-11-2023)

Cancións oficiais dos últimos mundiais de fútbol. Realizado na materia de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Asier Marcos, Sergio Varela, Xoel Barreiro, Iker Vigo
Control: Xabi

Venres musicais - Halloween II (03-11-2023)

Programa dedicado a Halloween, no día posterior ao día de defuntos.

Dirección: Xabi
Locutores: José Manuel, Xabi
Control: Xabi

Candela Costa, ouro na Supercopa de España de Judo

 A nosa alumna de 2º da ESO Candela Costa acaba de proclamarse campioa da Supercopa de España de Judo na categoría Infantil nos campionatos celebrados este fin de semana en Avilés.

Non é o primeiro éxito de Candela neste deporte de tanta esixencia e seguro que non será o último. Desde o noso centro educativo dámoslle os parabéns a ela e ao seu equipo e familiares e todas as forzas para que siga traballando nesta liña.

Parabéns Candela!

 

Educar en Xustiza 23-24

Como en edicións anteriores, o alumnado de 3º da ESO participa durante este mes de outubro no programa Educar en Xustiza promovido polo TSXG. Esta actividade insírese no Plan de Acción Titorial do centro, e vai encamiñada a promover o desenvolvemento dunha cidadanía consciente por parte do alumnado e fornecer espazos para que se exerza de maneira activa, crítica e responsable.

O programa é o seguinte:

  • 17/10/2023: Xulgado do Penal Nº1.
  • 24/10/2023: Xulgado de Instrución Nº2.
  • 27/10/2023: Xulgado do Penal Nº1.
  • 31/10/2023: Xulgado de Instrución Nº2.

Participaremos en varios xuízos (en xeral, curtos) que terán lugar nesas salas, e o/a maxistrado/a ao final de cada xuízo dará as indicacións necesarias para seguir o procedemento xudicial e comentará a sentenza a ditar.

Na xornada do día 27 de outubro asistimos a varios xuízos que acabaron en conformidade, mais, con todo, a xuíza e a fiscal fixeron posible que aproveitaremos moi ben a xornada. Atendéronos cunha amabilidade e unha adicación que queremos destacar, falándonos dos detalles de cada caso achegando as explicacións técnicas necesarias para entender os procedementos. Tamén nos fixeron reflexionar sobre as causas da delincuencia, moi ligadas ás adicións, sobre os perigos de internet, atentados á autoriade e outros temas que constitúen o día a día nesa sala do penal. Unha actividade de grande calidade educativa que, abofé,  inspirou vocacións entre os/as participantes.

 

 

 

Venres musicais - Halloween I - cancións terroríficas (27-10-2023)

 

Selección de cancións terroríficas para ir preparando o Halloween deste ano.

Dirección: José Manuel
Locutores: José Manuel, Xabi
Control: Xabi

Venres musicais - Modo aforro activado (20-10-2023)

Selección de cancións unplugged para conmemorar o Día Internacional do Aforro Enerxético.

Dirección: José Manuel
Locutores: Xoel Muinelo, Mateo López
Control. Xabi

Semana en Toulouse - Eramus+

O noso centro educativo conta cunha acreditación Erasmus+ para o período 22-27 que nos está permitindo realizar diversas actividades de intercambio entre alumnado e profesorado con outros centro europeos.

Nesta ocasión, entre os días 15 e 20 de outubro, nove alumnos e alumnas de 1º de BAC viaxan a Toulouse para coñecer os proxectos educativos do Lycée Sainte-Marie des Champs e compartir unha semana de convivencia e experiencias únicas.

A recepción por parte do centro foi excelente o que nos permitirá voltar a casa coa maleta cargada de afectos e boas ideas para compartir e seguir colaborando no futuro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut