Biblioleiras: exposición de libros dedicados polos seus autores
Na sala de lectura da nosa Biblioteca temos unha exposición con exemplares de libros dedicados e asinados polos autores e autoras que visitaron o noso centro: Agustín Fernández Paz, Antonio Reigosa, Xesús Alonso Montero, Darío Xohán Cabana, Fernando Lalana, Anxo Fariña, Blanca Álvarez, Marina Mayoral, María Reimóndez, Paco Martín, Joan Manuel Gisbert...
E temos unha sección especial adicada a Xosé Neira Vilas.
Preme na imaxe para acceder á información