Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

NUTRIESCOLAS 2: POR UN LEIRAS MÁIS SAUDABLE. CURSO 2023-2024

CURSO 2023/2024

1. PRESENTACIÓN DO PROXECTO. O EQUIPO DO NUTRIESCOLAS 2

A obesidade, o sobrepeso e enfermidades como a diabetes tipo 2, son algúns dos problemas de saúde pública máis graves do século XXI, tanto polas consecuencias inmediatas nunha idade temperá como polas súas repercusións futuras. Adquirir uns hábitos alimentarios axeitados dende moi pequenos é fundamental para manter unha boa saúde e previr moitos problemas asociados. No IES Leiras Pulpeiro somos conscientes desta realidade, e por iso no marco dos proxectos Nutriescolas 2 e Edu-Saúde, estamos a impulsar actividades para afondar na importancia dunha alimentación saudable e unha vida activa.

Este curso 2023/2024 o equipo de Nutriescolas 2 está integrado por:

- Belén Somoza Castro. Departamento de Debuxo

- Inma Gayoso Neira e Luísa Duro Santos. Departamento de Galego

- Carlos Gegúndez López. Departamento de Xeografía e Historia

- María Cabo Carballal. Departamento de Música

- Luis Seco Novo. Departamento de Tecnoloxía

- E todos aqueles que queirades colaborar!

 Noemí Vázquez García. Coordinadora de Nutriescolas 2

 

2. O CALENDARIO DO NUTRIESCOLAS 2 - 2024

 Este ano para axudar ao alumnado de 4º da ESO de cara a súa excursión de fin de curso, o equipo de Nutriescolas, a proposta de Belén Somoza, profesora de EPVA, argallamos a realización do “Calendario do Nutriescolas 2: Por un Leiras máis saudable”. Na súa realización estiveron implicados alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

 Para desenvolver este proxecto:

- Primeiramente o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato, coordinados polos profesores dos Departamentos de Galego, Xeografía e Historia e Bioloxía e Xeoloxía, fixo unha busca de refráns, cancións, poemas e ditos populares relacionados con alimentos típicos dos distintos meses ou estacións do ano. Algúns deles tan fermosos como:

Neniña bonita da cor da cereixa,

cásome contigo,

se teu pai me deixa;

se teu pai me deixa e a túa nai quere,

neniña bonita, es miña mullere!

 

A castaña no ourizo

quixo rir e regañou

caeu do castaño embaixo

mira ti o que gañou

 

- Unha vez seleccionados os alimentos e composicións literarias que encaixaban con cada mes, o alumnado de 4º da ESO de EPVA, asesorado sempre pola súa profesora, deseñou distintas ilustracións para cada un dos doce períodos do ano.

- Finalmente o equipo de Nutriescolas e os delegados de 4º da ESO fixemos unha votación para elixir a  gañadora de cada mes, que é a que se recolleu no calendario.

 

 

3. "NUTRIXOGOS" – FEIRA DE NADAL 2024

Como vén sendo habitual nos últimos anos, nesta Feira de Nadal 2024 tamén houbo un espazo adicado á diversión grazas ao Nutriescolas. Desta volta o alumnado desfrutou cos “Nutrixogos”, xogos relacionados coa alimentación saudable deseñados pola alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato.

1. "En-parellas".

 

2. "Lucky veggie"

3. " O tabú dos alimentos"

 

4. "O un dos alimentos"

 

4. PÓSTERS DOS TIPOS DE NUTRIENTES. PROXECTO COMPETENCIAL 3º ESO

 

Como ben sabedes os alimentos son  produtos sólidos ou líquidos que inxerimos dos cales o corpo obtén os nutrientes que necesita para vivir. Podemos definir os nutrientes como  compostos químicos contidos nos alimentos que aportan ás células todo o que necesitan para vivir: apórtannos a materia necesaria para elaborar novas estruturas e para manter as xa existentes, e a enerxía que requerimos para realizar diferentes funcións vitais. Os principais tipos de nutrientes son os glícidos, os lípidos, as proteínas, as vitaminas, os sales minerais e a auga.

 

O alumnado de Proxecto Competencial de 3º da ESO elaborou durante a 1ª avaliación varios pósters  para que coñezades os distintos tipos de nutrientes, as súas funcións e os alimentos nos que predominan co fin de promover unha dieta equilibrada e saudable. Podedes consultalos xunto ao Taboleiro do Nutriescolas.

 

 



story | by Dr. Radut