Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Visita á exposición "Historia y Cultura del Pueblo Gitano"

Unha representación do noso alumnado de primeiro da ESO achegouse á Facultade de Formación do Profesorado para tomar parte desta iniciativa da Asociación para a Promoción e Integración Gitana de Lugo, que pretende achegar ao alumnado do sistema educativo, e á cidadanía en xeral, a información real e documentada da historia do pobo cigano, esa historia que nunca aparece nos libros de texto. Sabemos que o seu descoñecemento axuda a reforzar os prexuízos e estereotipos que se teñen dos nosos concidadáns ciganos, ademais da desigualdade que se consolida ao non estar incluída a historia e a cultura cigana nos contidos escolares. Foi desenvolvida e promovida por toda España grazas ao Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Parabéns por esta iniciativa á APIG, que entendemos con carácter transversal e de interese para toda a nosa comunidade, que ademais axuda a fortalecer a nosa dinámica de facer da diversidade un valor educativo positivo.



story | by Dr. Radut