Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Procedemento para solicitar título de BAC

Ao rematar BAC é preciso pagar a taxa do título para poder presentarte ás ABAU.

Enlace para pago online: https://ovt.atriga.gal/inicio#!/categoria/?Cidad%c3%a1ns/11609730/4127328

 

Pasos:

  • Iniciar taxa (primeira pantalla), con acceso libre (candado aberto)
    • Códigos:
      • Consellería: 07-Cultura, educación e universidade
      • Delegación: 13-Servizos centrais
      • Servizo: 03-Ensino medio
      • Taxa: 302003-Expedición de títulos
    • Obxecto de pago: Expedición título bacharelato
      • Datos de pago:
        • Tarifa normal: 54,00€
        • Familia numerosa xeral: 27,03€
        • Familia numerosa especial: 0€
        • Duplicado: 4,98
  • Datos persoais (segunda pantalla)
    • Suxeito pasivo: cubrir os teus datos
    • Representante: non cubrir
  • Modo de pago: hai dúas opcións
    • Pago telemático: para pagar ao momento con tarxeta. Nesta opción, cando remates descargarás un xustificante para presentar no instituto (por correo electrónico poñendo o teu nome).
    • Descargar modelo presencial: descargas un PDF para imprimir, son 3 páxinas, que tes que levar ao banco para pagar e selar, levar un resgardo para o instituto e quedarte co outro resgardo.

 



page | by Dr. Radut