Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Erasmus+, Edu-saúde, Edu-excelencia, Quéda-T, Convive-T, Inclúe-T, Xogade, Paisaxe

Conexión Lugo-Toulouse, Erasmus+ (10-10-2023)

Emisión en vivo simultánea entre IES Leiras Pulpeiro de Lugo Sainte-Marie des Champs de Toulouse.

Presentación de alumnos participantes en intercambio Erasmus+ de ambos institutos.

Venres musicais - Caudal Fest (29-09-2023)

Comezamos a nova temporada cun programa improvisado que derivou en rememorar o CaudalFest de Lugo 2023.

Dirección: Xabi
Locutores: Xabi
Control: Xabi

ACTIVIDADES NA NATUREZA NA ILLA DE ONS CO ALUMNADO DE 2º DE ESO

Os días 4 e 5 de xuño o alumnado de 2º de ESO participou nunha saída de actividades na natureza á illa de Ons organizada polo departamento de EF do noso instituto. Participaron en xogos de presentación, practicaron actividades deportivas na praia, desfrutaron dun divertido xogo nocturno no exterior, realizaron unha espectacular ruta de sendeirismo e fixeron os pracenteiros desprazamentos en catamarán. O grupo de 64 alumnos e alumnas asistiu a esta actividade dirixido polos seus profesores/as Mª Carmen, Nati, Antonio e Luisa.

 

ACTIVIDADE DE INICIACIÓN Ó SURF EN RAZO CO ALUMNADO DE 3º DE ESO

Os días 29 e 30 de maio o alumnado de 3o de ESO participou nunha saída de actividades deportivas na natureza á praia de Razo organizada polo departamento de EF do noso instituto.

Desfrutaron de tres clases de iniciación ao Surf impartidas por persoal da escola de surf Artsurfcamp, practicaron actividades deportivas na praia e realizaron unha ruta de sendeirismo ata os acantilados próximos á praia de Razo. O grupo de 59 alumnos e alumnas asistiu a esta actividade dirixido polos seus profesores/as Xose Manuel, Cristina e Luisa.

 

ACTIVIDADES NA NATUREZA EN MANZANEDA CO ALUMNADO DE 1º DE ESO

Os días 10 e 11 de maio o alumnado de 1o de ESO participou nunha saída de actividades na natureza á estación de montaña Manzaneda organizada polo departamento de EF do noso instituto.

Realizaron actividades de multiaventura, tiro con arco, orientación, construcción de vivacs, actividades na piscina, actividades deportivas exteriores e interiores, sendeirismo e baile na discoteca. O grupo de 78 alumnos e alumnas asistiu a esta actividade dirixido polos seus profesores/as Andrea, Luis, Jose Antonio e Luisa.

 

Luz ao Deporte

O proxecto LUZ Ó DEPORTE estivo patrocinado por ABANCA e a XUNTA DE GALICIA, e constou de 5 charlas que levaron a cabo profesionais do deporte no Outono de 2022

As conferencias tiveron lugar no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, e nelas escoitaron en primeira persoa as experiencias persais destes deportistas.

Os relatores e os temas nos que participou o noso centro foron:

 

  • IÑAKI ZUBIZARRETA – 19 de Setembro – Renderse xamáis é unha opción.
  • TITO MARGARIDE – 17 de Outubro – Cumprir un soño a pesares do
  • destino.
  • ERIK E SERGI QUINTELA – 14 de Decembro – Profetas na súa terra

Campionatos Provinciais de Orientación - Xogade

O xoves 23 de marzo un grupo de alumnas e e alumnos do noso centro participou no Campionato Provincial de Orientación. Esta competición está incluída dentro do proxecto de Promoción de Vida Activa e Saudable (Proxecta: Xogade) dirixido polo departamento de EF e no que participa o departamento de Relixión.

O noso instituto competiu con 61 alumnos/as acompañados por Miguel, Vanessa, Nati e Luisa. A carreira, tivo lugar no Campus Universitario, cun mapa específico de orientación e catro percorridos distintos por categorías.

Compartimos unha estupenda xornada de deporte e convivencia e felicitamos a todo o noso alumnado pola súa actitude positiva, de esforzo e aprendizaxe. Imos mellorando ano a ano e cada vez sodes máis alumnos/as os que con concentración e persistencia rematades o percorrido sen erros.

Noraboa aos que ademáis acadaron resultados que lles permitiron estar nos primeiros postos das súas categorías. Amosamos a continuación a clasificación individual de todo o alumnado e a clasificación por equipos, grazas á cal poderemos representar ao noso instituto no Campionato Autonómico (Ourense, 6 de maio) cun equipo en cada unha das categorías.

Podes ver as clasificacións completas e máis fotografías no ficheiro anexo

Campionato Autonómico Xogade - Orientación

O 6 de Maio celebrouse o Campionato Galego Escolar de Orientación a Pé en Ourense. O noso centro participou en catro categorías:

 Felicitamos a todo o grupo de alumnas e alumnos que participaron neste campionato polo seu entusiasmo, esforzo e interese. En canto aos resultados, destacar a nivel individual o terceiro posto de Sara Nogueras Porto na categoría cadete feminina e o meritorio noveno posto de Sara Casanova Alonso na categoría infantil feminina. En categoría cadete masculina destacar o oitavo posto de Ían García Alves. Na clasificación de equipos, o Ies Leiras Pulpeiro proclamouse Subcampión Galego na categoría Cadete Feminina e conseguiu un cuarto posto na categoría Cadete Masculina. Noraboa a todo o grupo de deportistas!!!

 

 

Venres musicais - Esta podría ser la última (02-06-2023)

Último programa, ou quizais non, da xeración que remata 2ºBAC este ano

Dirección: Félix
Locutores: Judith, Carla, Félix, Samuel
Control: Xabi

Doazón e transplantes

O pasado día 9 de maio, o alumnado de Cultura Científica e Anatomía Aplicada, tiveron unha charla da man da coordinadora de trasplantes do HULA, Montserrat Ortiz, acompañada de Delia Lorenzo.

A Dra. Ortiz achegou datos esperanzadores de España como líder en transplantes de órganos, chegando ao 19.8% das doazóns da UE e ao 6% das mundiais. Galicia supón unha tasa do 47,6% por millón de habitantes, superando un punto a media nacional. Tamén lembrou que unha persoa pode ser doante en vida ou morte, e en vida pódese ser doante de ril, fígado, medula ósea, sangue...polo que unha soa persoa pode salvar a vida de varias. As doazóns sempre son anónimas, gratuítas e con finalidade terapéutica. Tamén explicou todos os mecanismos que se poñen en marcha cando hai un doante, como a coordinación entre equipos, entre comunidades autónomas, etc. 

Por outra parte, Delia Lorenzo contou a súa propia experiencia. Ela foi dobremente transplantada, primeiramente recibiu o ril de súa nai e posteriormente dun doante anónimo, que lle permitiu formar unha familia e levar un vida normal. Explicou o complicada que era a súa vida antes do transplante, tendo que someterse a diálise día si e día tamén, durante 3-5 horas e controlar moito a súa alimentación. 

A charla veu pór fin a unha serie de contidos sobre mediciña e saúde, que tamén deron pé á elaboración de vídeos por parte do alumnado para concienciar entre a xuventude da importancia da doazón e dos transplantes. Aquí podedes ver unha mostra.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut