Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Familias

Obradoiro da Banda Filharmónica de Lugo no IES Leiras Pulpeiro

(Preme na imaxe para acceder ás fotos)

Ao longo da pasada semana, do 26 ao 30 de xuño, a Banda Filharmónica de Lugo desenvolveu un ano máis o seu obradoiro para rapaces e rapazas menores de 14 anos. A Banda ensaia ao longo de todo o ano no noso centro educativo, polo que o IES Leiras Pulpeiro cedeu unha vez máis as súas instalacións.

Para rematar o obradoiro, os pequenos músicos deron un concerto na Praza Armanyá xunto coa Banda Filharmónica. Foi un concerto fantástico.

Moitas grazas á Banda pola súa dedicación. Esperamos poder colaborar con eles todo o que poidamos.

David Pintor visita o Leiras Pulpeiro

O pasado xoves, 30 de abril, recibimos a visita de David Pintor. Foi unha charla moi interesante e puidemos ver en vivo e en directo como se fai unha caricatura. Aprendimos moito de todo o que nos contou.

Podedes ver todo en BIBLIOLEIRAS.

Campionato Orientación

O mércores día 22 de abril tivo lugar o Campionato Provincial de Orientación, no entorno do Campus Universitario da cidade. Participaron diversos centros educativos da provincia, entre eles o noso instituto. Acudimos con 41 alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO. Despois dunha magnífica xornada, cunha proba deportiva en terreo mollado e dificultoso, todo o grupo terminou e disfrutou a carreira. Destacamos o terceiro posto de Marina Chao (2º ESO), que conseguiu a medalla de bronce, os quintos postos de Mariana de Carli (3º ESO) e Borja Corral (2º ESO), e o cuarto posto de Diego Ardura (3º ESO).

Felicitamos a todos pola súa participación, entusiasmo e esforzo, e agradecemos a Verónica (profe) que nos acompañase e axudase durante toda a mañá.

Departamento de Educación Física e Deportiva.

Podium Cadete Feminino Podium Cadete Masculino
Podium Infantil Feminino Podium Infantil Masculino

 

(Preme nas fotos para velas en maior tamaño)

Falan para nós

No IES Leiras Pulpeiro temos a sorte de coñecer a autores e autoras moi representativos da nosa literatura. Moitos deles deixáronnos as súas mensaxes escritas ou faladas para toda a comunidade educativa, e mesmo debuxaron as súas dedicatorias enm vivo e en directo.

Inauguramos unha nova páxina fixa no blog da biblioteca, chamada "Falan para nós", na que podedes ver os vídeos.

Probas para obter título Bacharelato para maiores de 20 anos

Convocadas probas para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos. Prazo de inscrición dende o 31 de marzo ao 17 de abril. Probas 7 e 8 de maio. 

Convocatoria premendo nesta ligazón.

Convocadas probas de acceso aos CFGM e CFGS de Formación Profesional

XIII Xornadas de nais e pais: Estratexias lúdicas en Igualdade.: uso e abuso de videoxogos e smartphones

 

Baixo o título“Estratexias lúdicas en Igualdade: uso sen abuso de videoxogos e smartphones” o vindeiro sábado día 21 de febreiro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, a décimo terceira edición da Xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

Máis información e inscrición na web da Secretaría Xeral de Igualdade.

Descarga do díptico informativo.

Descarga da solicitude de inscrición.

 

 

Dispoñibles os títulos de ESO, BAC e FP (anos 2012 e 2013)

Infórmase ao seguinte alumnado que pode pasar pola Secretaría do centro para recoller o seu título oficial:

  • alumnado que rematou os estudos de ESO ou Bacharelato no ano 2012
  • alumnado que rematou os estudos de ESO, Bacharelato ou FP no ano 2013

 

Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza as FCT

ORDE do 31 de decembro de 2014 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 13 de maio de 2014.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150123/AnuncioG0164-160115-0001_gl.pdf

Día da Edición na Biblioteca do Leiras

        
Co gallo do Día da Edición, na nosa Biblioteca organizouse unha exposición de libros curiosos, entre os que se atopan:
 
- 1ª edicións de obras emblemáticas 
- Facsímiles
- Obras ilustradas por artistas universais
- Edicións especiais, con motivo dunha efeméride
- Exemplares con prólogo de maestros da literatura
- Libros “raros”...
 
Animámosvos a visitala: paga a pena. (Ligazón a Biblioleiras)
 
 
 
Asemade, o vindeiro mércores 17 de decembro, ás 12:20 h., o alumnado de 4º de ESO poderá asistir a unha charla de Isabel Soto e Alejandro Tobar, da editorial "Hugin e Munin", que publica traducións ao galego de obras de narrativa en lingua estranxeira.
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut