O pasado xoves 16 de abril tivemos a inmensa fortuna de poder contar coa presenza de D. Xosé Neira Vilas, que tivo a xenerosidade de facernos unha visita e charlar co alumnado de Bacharelato.
Os nosos alumnos e alumnas non esquecerán as súas palabras. Tiveron a oportunidade de estar cunha lenda da nosa literatura, que ademais demostrou a súa grande humanidade.
Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android
Co gallo do Día Mundial do Teatro (27 de marzo de 2015) o alumnado de 4º de ESO deleitounos cunha representación teatral da obra “Asi foi, doutor”, de Suso de Toro. Pasamos un rato divertidísimo coas desventuras do pobre Xosé.
Alejandro Sánchez, de 1º de Bacharelato e Andrea Vázquez, de 3º de ESO, participaron, xunto con rapaces e rapazas de toda Galicia, no concurso de recitado de poemas "Rosalía sempre viva", organizado pola Casa Museo de Manuel María.
Alejandro resultou gañador na categoría de Bacharelaro co poema "Silencio". Noraboa, Alejandro.