Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Extraescolares

Actividades desenvolvidas parcial ou totalmente en horario non lectivo e fóra das instalacións do centro.

Participación do IES Leiras Pulpeiro nas Xornadas de Xuvenciencia da USC

O noso centro, a través dos profesores do  departamento de Física e Química: Belén Villar, Luis Vázquez e José Manuel Traseira, estiveron presentes nas xornadas de Xuvenciencia para profesores desenvoltas ao longo do presente curso, e que foron organizadas pola USC no campus de Lugo.

Nesta última xornada celebrada o pasado 22 de marzo, estes profesores presentaron o traballo  titulado: “Determinación da lonxitude de onda dun Láser e medida do diámetro dun cabelo mediante Difracción”, recopilando os resultados obtidos nas prácticas de laboratorio polos  alumnos que cursan Física de 2º BAC do noso centro.

Podes descargar aquí o contido do artigo.

FERIA DE LA CIENCIA

22/03/2019 08:30

Excursión a Asturias, Feria de la Ciencia

Visita a Coruña

O departamento de Física e Química levou ao alumnado de segundo a visitar hoxe a Casa das Ciencias e a Domus en Coruña. 

 

Observación da lúa chea

Noutra noite espectacular deste outono, pudemos ver a lúa chea con total nitidez.

Gracias polo voso interese a todos os que viñestes. Así da gusto traballar no ensino.

 

Se picades nas fotos inferiores, iredes ó álbum de fotos para descargalas en mellor calidade.

 

LúaLúaLúaLúa

Observación lúa chea

24/10/2018 20:30
24/10/2018 22:00

Queres ver a lúa como nunca a viches?

Queres observar os seus cráteres e mares?

O mércores a partir das 20:30 volveremos sacar o telescopio ó patio do instituto para realizar observacións da lúa chea. Confiamos en que haberá pouca nubosidade para poder desfrutar dunha noite clara de luar.

 

Observación de planetas

Hoxe xuntámonos arredor de 50 persoas para observar Marte e Saturno co telescopio. A noite estivo perfecta, con temperatura agradable e o ceo totalmente despexado. Foi un pracer oírvos as exclamacións de sorpresa e admiración ó ver ós aneis do planeta.

Ó final da sesión, a iso das 11 da noite, os poucos que quedamos pudemos ver o que cremos que é a galaxia de Andrómeda.

EXCURSIÓN AO COUREL

19/06/2018 08:15
21/06/2018 17:00

Os alumnos de 3º de ESo farán unha viaxe ao Courel para coñecer o entorno paisaxístico disfrutando de actividades de senderismo.

 

VIAXE A ILLAS CÍES E ECOPARQUE DE MARÍN

20/06/2018 07:45
21/06/2018 22:00

Os alumnos de 2º da ESo farán unha viaxe de fin de curso a cargo dos departamentos de E.Física e Xª e Historia ás Illas Cíes, para coñecer o parque nacional e a súa biodiversidade. Tamén visitarán o ecoparque de Marín, para disfrutar dun día de actividades físicas e xogos.

Olimpíada Tecnolóxica

29/05/2018 11:00

CARREIRA SOLIDARIA NA CAMPAÑA "GOTAS PARA NÍGER"UNICEF

04/05/2018 11:00

Carreira de orientación, organizada por Luisa Felpeto para 3º da ESO. O obxectivo e recadar coa inscripción á carreira, un fondo solidario para colaborar con UNICEF na campaña Gotas para Níger.

Distribuir contido


by Dr. Radut