Skip to Content

Novas do centro

O luns 10 de xullo publícanse as listaxes provisionais do fondo de libros.

Pódense consultar na conserxería do centro.

O prazo de reclamación: 11 e 12 de xullo.

En canto ás axudas para material escolar, xa están dispoñibles os vales.

Xúntase a Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen medidas para a validación ou a exención de materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato e materias das ensinanzas profesionais de música e de danza ou a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

Orde do 22 de xuño de 2023 (DOG do 3 de xullo)

 

  

 

Seguro opcional para o portátil:

O seguro cubre a rotura de calquera compoñente do equipo e a rotura do cargador de alimentación. A contratación é anual.

Na páxina web coberturasir.plexus.es, unha vez feito o rexistro, pódese contratar e facer o pago online do seguro opcional, que ten un custo de 49 €.

Tamén se pode facer a contratación a través do número de teléfono 881 505 136.

Os titores de cada grupo entregarán as notas en papel na aula de referecnia do grupo no seguinte horario:

  • ESO e Bacharelato: venres 23 de xuño ás 10:00 h.
  • Ciclos básicos, medios e superiores: martes 27 de xuño ás 10:00 h.
Distribuir contido


by Dr. Radut