Skip to Content

Novas do centro

O venres 19 de maio publicouse no DOGA a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2023/24.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (procedemento ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o mércores 21 de xuño.

O alumnado que curse 1º de ESO no curso 2023/24, incluído no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

Mais información.

Publicación de actos:

No taboleiro de anuncios da secretaría do centro, única e exclusivamente, publicaranse os seguintes actos:

  • listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto.
  • listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluías, indicando a causa de exclusión.
  • relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Asi mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Datas de publicación:

  • Listaxes provisionais: 12 de xullo de 2023.
  • Prazo de reclamación: 13 e 14 de xullo de 2023.
  • Listaxes definitivas: 26 de xullo de 2023.

Convocatoria ordinaria de exames de 1º bacharelato nocturno:

Convocatoria ordinaria de exames de 2º bacharelato nocturno:

As notas da segunda avaliación de ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo medio, 1º Ciclo superior e 1º FPBásica publicaranse o venres 31 de marzo ás 10:00.

Distribuir contido


by Dr. Radut