¿EN QUÉ CONSISTE A MOBILIDADE ERASMUS?
Esta acción de mobilidade vai dirixida aos estudantes de FP de grao superior, ofrecéndolles a posibilidade de realizar un periodo de estudos (SMS) ou ben un periodo de prácticas (SMP) nalgun país europeo. As posibilidades de mobilidade Eramus tamén se extenden ao persoal, docente e non docente, dos centros educativos.
A partir de 2014 estas accións de mobilidade terán carácter internacional, abarcando países de fóra da UE, dentro do programa ERASMUS FOR ALL.
O PROGRAMA ERASMUS NO JOHAN CARBALLEIRA
Dende decembro de 2010 o IES Johan Carballeira é titular dunha Carta Erasmus Ampliada, que nos permite desenvolver accións de mobilidade estudantil para prácticas (SMP).En febreiro de 2011 o noso centro puxo en marcha a súa primeira experiencia Erasmus.
O departamento de programas europeos está á vosa disposición para asesorarvos sobre cantas dúbidas poidades ter sobre esta experiencia. Convocaremos reunións periódicas para tervos ao tanto da marcha do proceso e animarvos a participar nel.
Podedes ampliar información sobre o Erasmus no blog dos ciclos de FP do IES Johan Carballeira ou ben poñéndovos en contacto có departamento de programas europeos na dirección de correo electrónico: iesjc.coordinadorerasmus@gmail.com
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ERASMUS
- CARTA ERASMUS DO IES JOHAN CARBALLEIRA
- PROCESO DE SELECCIÓN DE CANDIDATOS ERASMUS
- POLÍTICA LINGÜÍSTICA DO CENTRO RESPECTO AO ERASMUS
- PREPARACIÓN, AXUDAS, SEGUROS, CONTROL E AVALIACIÓN DA ESTANCIA ERASMUS
- RECOÑECEMENTO DA ESTANCIA
- COMPROMISOS DO PROGRAMA ERASMUS
- CARTA ERASMUS DO ESTUDANTE
- ANTERIORES CONVOCATORIAS ERASMUS NO IES JOHAN CARBALLEIRA