RECOÑECEMENTO DAS PRÁCTICAS ERASMUS

A  mobilidade Erasmus será recoñecida oficialmente polo centro, de conformidade có compromiso adoptado no acordo de formación, suscrito entre o instituto e a empresa de acollida, con carácter previo á estancia.

No caso do ciclo superior de Construcións Metálicas, o plan de estudos está configurado conforme á LOE e consonte ao sistema de créditos académicos ECTS. Neste caso, a cumprimentación satisfactoria da estancia de prácticas Erasmus implica a concesión dos 22 créditos ECTS correspondentes ao módulo de formación en centros de traballo (FCT) e polo tanto, a súa superación.

En canto ao plan de estudos do ciclo superior de Administración e Finanzas, actualmente está nun periodo de transición do sistema LOXSE a LOE, e consecuentemente, de adaptación ao sistema sistema de créditos ECTS. Para o curso 2013-2014, a transición quedará completada. Namentres, o recoñecemento da mobilidade faise de xeito automático. É dicir, superar positivamente unha estancia en empresas de 380 horas de duración implica aprobar o módulo de FCT.

En conclusión, unha vez que o estudante Erasmus sexa calificado como APTO pola empresa de acollida, terá aprobado o módulo de FCT e polo tanto poderá aceder á titulación de Técnico Superior na especialidade correspondente. 

Este feito quedará formalizado de xeito automático a través da concesión do título oficial dos estudos, do Suplemento Europass ao titulo e do Documento de Mobilidade Europass

Para máis información sobre o tema podedes consultar os seguintes enlaces:

- Suplemento Europass ao título

- Documento de Mobilidade Europass

- Currículo de estudos do Ciclo Superior de Construccións Metálicas

Currículo de estudos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas

Powered by Drupal - Design by artinet