PREPARACIÓN, AXUDAS, SEGUROS, CONTROL E AVALIACIÓN DA ESTANCIA ERASMUS

EMPRESAS DE ACOLLIDA

departamento de programas europeos asume a responsabilidade de localizar as institucións de acollida (empresas) para os estudantes. Á hora de seleccioar ás empresas primará a súa adecuación ao perfil profesional do noso alumnado, as posibilidades de empregabilide a longo prazo e o interese concreto do estudante.

Tamén existe a posibilidade de que sexa o estudante o que aporte o contacto coa empresa de acollida. Nese caso, a adecuación desta proposta será valorada polo departamento de programas europeos e, no caso de resultar positiva, faranse as xestións oportunas para desenvolver a mobilidade.

ACORDOS PREVIOS

As tarefas do estudante Erasmus na empresa, así como todas as características da estancia, serán estipuladas a través dos acordos empresa-estudante-IES Johan Carballeira.

Nestes documentos estableceranse os datos identificativos das partes implicadas, as competencias a desenvolver, as tarefas a realizar, o horario e lugar de traballo, e os dereitos e obrigas dos asinantes. Tamén se acordará o sistema de avaliación das prácticas.

Todos estes documentos deberán estar asinados e selados por todas as partes implicadas antes do inicio do Erasmus, a fin de garantir a calidade da estancia e a correcta integración e avaliación dos estudantes. Cada unha das partes estará en posesión da súa copia correspondente con carácter previo á estancia.

ASESORAMENTO AOS PARTICIPANTES

O coordinador Erasmus asesorará aos candidatos nas xestións de procura de aloxamento e viaxes, así como seguros adicionais necesarios e outros aspectos relacioados coa loxística da estancia.

AXUDAS ECONÓMICAS 

Os alumnos/as Eramus contarán cunha serie de axudas económicas, cuxa contía pode variar dunha convocatoria para a outra. Tedes que ter en conta que en ningún caso servirán para cubrir os gastos da estancia, senón para axudarvos a sobrelevalos.

Os participantes no programa ERASMUS deberán suscribir un compromiso de reembolso, para o caso de non rematar a súa estancia nos termos convidos nos acordos ou de retornar antes da data establecida.

Actualmente as axudas dispoñibles son as seguintes:

  • Axudas SMP: Son as bolsas para a mobilidade de prácticas financiadas con fondos europeos. Antes da súa marcha á empresa, o beneficiario recibirá un 80% do seu importe total.
  • Axudas complementarias do MEC: Son unhas axudas recoñecidas polo Ministerio de Educación para os estudantes Erasmus. Hai unhas axudas xerais, que se dan polo feito de ser Erasmus, e outras adicionais, para os alumnos Erasmus que teñan a condición de becarios do MEC.
  • Axudas de FCT da Xunta de Galicia.
  • Outra bolsas, convocadas por institucións privadas.

SEGUROS

Polo que respecta aos seguros, os estudantes Erasmus terán a mesma cobertura por accidentes de traballo e enfermedades profesionais que teñen o resto dos seus compañeiros que están a realizar a FCT. Esta cobertura garántese a través dunha póliza de seguros suscrita pola Consellería de Educación.

No caso de precisar ou desexar unha cobertura superior, o estudante poderá contratar unha póliza de seguro a maiores, con cargo ao seu presuposto (en ningún caso coas axudas recibidas polo Erasmus).

Será requito indispensable que o alumno/a Erasmus conte coa Tarxeta Sanitaria Europea, a fin de garantir a súa cobertura sanitaria durante a súa estancia europea.

TITORÍA ERASMUS

Os alumnos Erasmus terán un titor na empresa e outro no IES Johan Carballeira (o seu titor de FCT). A comunicación cós titores sera periódica, especialmente có titor do centro (por vía telefónica e internet), ao que terá que reportar semanalmente as tarefas realizadas no seo da empresa, así como calquera incidencia que poda ter lugar.

Ademáis, os participantes no Erasmus deberán contribuír á difusión do programa e da súa experiencia europea a través do blog do centro e de charlas informativas ao seu regreso.

AVALIACIÓN DA ESTANCIA

A estancia de prácticas Erasmus correspóndese có módulo de FCT, polo que o candidato/a Erasmus deberá acadar a cualificación de APTO por parte da empresa de acollida, a fin de superar este módulo e obter así a titulación de técnico superior correspondente. Teranse que cumprir un total de 384 horas de prácticas, equivalentes a 22 créditos ECTS. 

Neste senso, a documentación e as condicións son as mesmas que para o alumnado que realiza a FCT en Galicia, e a súa a avaliación terá lugar na mesma sesión e datas que o resto dos compañeiros/as.

Powered by Drupal - Design by artinet