Saltar navegación.
Inicio

OFERTA FORMATIVA : Resumo do Currículo C.S Administración e Finanzas

SADG01 DECRETO 206/2012, do 4 de outubro
Real Decreto 1584/2011, de 4 de noviembre
    ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
Familia Profesional Administración e Xestión
Título Técnico superior en Administración e finanzas
Referente europeo CINE – 5b (Clasificación internacional normalizada da educación)
Duración 2000 HORAS
Acceso Debes cumprir algún dos seguintes requisitos: Ter algún dos seguintes títulos:
• Título de Bacharel, ou dun certificado acreditativo de superar todas as materias do Bacharelato.
• Título de Técnico/a (Formación Profesional de Grao Medio).
• Título de Técnico/a Superior, Técnico Especialista ou equivalente a efectos académicos.
• Técnico ou Técnica de Artes Plásticas e Deseño (artigo 53.1 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, modificada pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro).
• Titulación Universitaria ou equivalente.
Superar:
• 3º de BUP (Bacharelato Unificado Polivalente): Acreditación mediante certificación académica de superar todas as materias conducentes á obtención do título de Bacharel regulado pola Lei 14/1970, do 4 de agosto, Xeneral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa, tras a finalización do terceiro curso dos devanditas ensinos. Orde EFP/1210/2021, de 2 de novembro pola que se establece a equivalencia, para os efectos de acceso a ensinos de formación profesional, de determinados estudos e títulos anteriores ao actual sistema educativo.
• 2º curso de calquera modalidade de Bacharelato experimental.
• COU; Curso de Orientación Universitaria.
• Proba de acceso a ciclos formativos de grao superior (requírese ter polo menos 19 anos no ano que se realiza a proba ou 18 para quen posúe o título de Técnico/a).
• Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos (a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 40 e 45 anos non é un requisito válido para acceder a FP).
  PERFIL PROFESIONAL
Competencia Xeral A competencia xeral deste título consiste en organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais, laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando a normativa vixente e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou das persoas usuarias, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental
Postos de Traballo Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro,administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administración pública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías,técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela.
  PLAN DE ESTUDOS
CURSO/
MÓDULOS
CÓDIGO MÓDULO HORAS/SEMANA HORAS HORAS CURSO

MP0651 Comunicación e atención á clientela 6 160 960
MP0658 Formación e orientación laboral 4 107
MP0179 Inglés 6 160
MP0649 Ofimática e proceso da información 9 240
MP0650 Proceso integral da actividade comercial 5 133
MP0648 Recursos humanos e responsabilidade social corporativa 3 80
MP0647 Xestión da documentación xurídica e empresarial 3 80

MP0654 Contabilidade e fiscalidade 9 157 1040
MP0660 Formación en centros de traballo   384
MP0657 Proxecto de administración e finanzas   26
MP0656 Simulación empresarial 8 140
MP0652 Xestión de recursos humanos 6 105
MP0653 Xestión financeira 7 123
MP0655 Xestión loxística e comercial 6 105
Titulación Título de Técnico superior en Administración e finanzas
Acceso Estudios Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.
Máis información Currículo do ciclo formativo correspondente ao título de técnico superior en administración e finanzas
    Normativa