Saltar navegación.
Inicio

Excursión a Madrid de 2º CM de Electromecánica de Vehículos Automóbiles

Viaxe didáctica realizada polo departamento de automoción a Madrid os pasados días 15 e 16 de marzo de 6 alumnos de 2º CM de Electromecánica de Vehículos Automóbiles acompañados polos profesores José Luís Sampedro e Carlos Alberca. A excursión realizouse conxuntamente co IES Val do Asma de Chantada(Lugo).

As actividades que se realizaron foron as seguintes:

-O día 15 pola tarde visita á Feira Motortec no recinto ferial de IFEMA. Alí poderon ver a exposición de maquinaria, utillaxe e compoñentes do automóbil, maquinaria pesada e estacións de servizo. Tratase dunha exposición bastante grande xa que constaba de 9 pavillóns.

-O día 16 pola mañá, a visita foi ao Museo do Exército do Aire en Catro Ventos. Xa pola tarde, visitouse á Academia Drivex onde se forman mecánicos de competición e se preparan coches de competición.