Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

Percorrido lúdico e cultural por Ourense dos alumnos de 1º de Bacharelato

O día  28 de abril  pola tarde e o  29  pola mañá  algúns  rapaces  e rapazas de 1º de Bacharelato das asignaturas de Anatomía aplicada e de Debuxo  realizaron unha saída a Ourense. O día 28  pola tarde  fíxose un roteiro cultural polas principais prazas do Ourense antigo. Despois disto foise ver unha obra de teatro dentro da Miteu, “El fabuloso mundo de la tía Betty” (arxentina do grupo El Rayo  misterioso).

Pola noite, logo dunha divertida cea, a cita foi co Fado no Auriense da man de Gonçalo Guerreiro, fadista lisboeta. Ao día seguinte, os alumnos iniciáronse nunha arte escénica que implica equilibrio, axilidade e coordinación: as acrobacias.

 Para rematar e como mostra destas 24 horas  pola fermosa Auria,  deixámosvos unha pequena montaxe que fixeron.

Edublogs do profesorado do IES García Barbón 2015/2016

Neste documento recóllese todo o relativo aos blogues realizados polo profesorado deste instituto co fin de apoiar a súa actuación na aula.

XVI Congreso Internacional de Ebru

Carlos Matos, profesor de debuxo no IES García Barbón de Verín, foi invitado a participar no XVI Congreso Internacional de Ebru que terá lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. O ebru é una antiga técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é  transferida a soporte de papel.

 

Carlos Matos aprendeu esta técnica co mestre turco Hikmet Barutçugil e as súas obras, xunto coas dun reducido número de artistas internacionais, participará na exposición paralela ao congreso que se celebrará nos antigos pazos otomanos de Esma Sultan e de Dolmabahçe, na beira europea do Bósforo.

Actividades do Día do Libro 2016 no IES García Barbón

          

Lucía Rúa Afonso gañou a fabulosa camiseta no Concurso "Recomenda un Libro que che gustou". A súa recomendación literaria foi:  "La fundación" de A. Buero Vallejo. E mirade que libros tan interesantes foron recomendados!

 

Exames extraordinarios de maio de 2016 (ESA)

Estas son as datas, horas e aulas dos exames extraordinarios de maio para a ESA. Cabe lembrar que, a estes exames, teñen dereito a ir todos aqueles alumnos que suspenderon en febreiro algún ámbito do módulo 1 da ESA I ou do módulo 3 da ESA 2. Sorte!

Información para a comunidade educativa do IES García Barbón no Barrios de abril (2016)

As actividades extraescolares e formación en centros de traballo para os alumnos de FP, as titorías personalizadas de orientación para os alumnos de 2º de Bacharelato, o fomento da cultura emprendedora,...

Probas de acceso a ciclos de grao superior

 Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2016.

Covocatoria - Web                             Convocatoria - PDF

7 de abril (2016): Dia mundial da saúde - Actividades no IES García Barbón

Hoxe celebrouse o Dia Mundial da Saúde no IES García Barbón. Os alumnos de TCAE levaron a cabo distintos obradoiros nos que, entre outras cousas, facilitaron información de distintas doenzas ou a alimentación, fixeron prácticas preventivas como medir a presión arterial ou laboura de concienciación con unha cadeira de rodas.

Noraboa ao alumnado de TCAE e as súas profesoras. Tamén a todos os que particiciparon!

Razóns para estudar o Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría

Isto é un resumo da intervención de Pilar Pérez Meneses, na que dá as súas impresións sobre este ciclo e xustifica a súa elección. Uns bos consellos para alumnos que estean a sopesar o Ciclo Formativo de Grao Medio de Coidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) como os seus futuros estudos.

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016

A Xunta convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. Preme na imaxe para ver a convocatoria:

Distribuir contido