Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Medios de Comunicación

Enlaces a artigos da prensa, videos, etc que falan do Instituto, das actividades que se fan nel ou de calquera tema relacionado

Agradecemento do Banco de Alimentos Rías Altas

O presidente do Banco de Alimentos Rías Altas ven de agradecer a colaboración do instituto na Campaña Solidaria Operación Kilo que se fixo fai unhas data. Desde aquí queremos facela extensiva a todos os participantes.

O concerto do pianista Lang Lang con nenos de varias nacións

O concerto foi emitido no canal "La 2"(Enlace aquí). Tamén está dispoñible en Youtube unha versión sen editar (Enlace aquí).
E aquí poñemos unha fotocomposición de imaxes da transmisión, co noso alumno entre os pianistas.

Un alumno do instituto vai tocar co pianista máis famoso do mundo

Un alumno do noso instituto foi seleccionado entre varios centos de mozos para tocar co pianista Lang Lang. Onte, 1 de xuño, o Telexornal da TVG fixo unha reportaxe da nova.

O MUNCYT está a piques de abrir as portas ao público

O un de xuño a sede do MUNCYT  (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) abrirá definitivamente as portas ao público xeral e aos estudantes en particular. Hai uns días tivemos a oportunidade de facer unha visita. Puidemos comprobar a magnitude do proxecto, e a súa adaptación a un edificio singular e premiado pola arquitectura ensaiada.

Aínda que o "mascarón de proa" do Museo sexa o enorme morro do avión Boeing 747 "Lope de Vega", hai outra sala, 'Mayúsculas", que destaca polo tamaño das súas pezas únicas. Os visitantes poderán desfrutar tamén dunha especie en vías de extinción: a máquina de escribir, multiplicada por numerosas variantes. En realidade, as pezas máis selectas, ás que poderiamos chamar incunables, están no corazón do edificio, protexidos do mundo exterior  nunha atmosfera de silencio, repouso e oscuridade, que lles da unha maior solemnidade.

O Museo garda moitos segredos. Algúns deles iranse descubrindo de cando en vez. Desde aquí animamos á xente a descubrilos, e tamén a Moncho Núñez e o seu equipo a seguir destilando a maxia que teñen "aqueles tolos cachivaches".

Unha medalla de bronce a nivel nacional en Matemáticas

Si fai uns meses dábamos conta con grande ledicia que Gonzalo Cao Labora, alumno de 3º de ESO do noso instituto, conseguira unha medalla de ouro na fase galega da Olimpiada Matemática, agora encheunos de orgullo ao quedar no terceiro posto, medalla de bronce, na olimpiada española de Matemáticas.

Parabéns!

Actualización 29 Abril: Engadimos fotos da entrega do diploma da fase galega.


Un exalumno do instituto representa aos premios extraodinarios de Bacharelato e Formación Profesional

O pasado mes de febreiro o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu un acto no que gabou o esforzo dos 38 estudantes galardoados cos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011, e os premios extraordinarios de Formación Profesional específica de grao superior correspondentes ao curso 2009/2010. Alí estaba o noso exalumno Alejandro Roura Blanco, que ademais representou a todos os seus compañeiros lendo un discurso de agradecemento. Aquí está o video coas súas verbas. Desculpade que a imaxe non sexa boa. [máis info...]


Acto de entrega dos premios Rita Suárez Amado, 7ª edición

O pasado 16 de marzo tivo lugar a sétima edición da entrega dos premios do concurso literario de relato curto e poesía que se  celebra cada ano en lembranza de Rita Suárez Amado. O acto foi presidido polo conselleiro de Cultura e Educación Xesús Vázquez Abad. Os asistentes foron agasallados coa actuación do Coro do Instituto.

Os medios de comunicación recolleron amplamente o alí acontecido. Aquí tedes os enlaces:

Parabéns a todos os premiados!

Acadamos un segundo posto a nivel nacional

Queremos lembrar os alumnos de 1º da ESO do curso pasado K. Minota, C. Román, E. Ruano, I.C. Silva, M. Tasende, P. Valdés, A. Vidal, C. Vidal, J.R. Viñas, S. Zapata e A. Zas. Acadaron o segundo posto de toda España no concurso de Blog-Francés.

Se aínda non viches o blog que construiron, esta é unha boa ocasión.


Parabéns aos nosos alumnos e parabéns aos seus profesores!

Conferencia de Carlos G. Reigosa, 1 de marzo de 2012

O 1 de marzo, no Salón de Actos do IES Plurilingüe ‘Eusebio da Guarda’, o periodista e escritor Carlos G. Reigosa impartiu unha conferencia aos alumnos do instituto sobre o espertar da súa vocación de escritor, e comentou tamén algún dos seus libros máis representativos. É autor, entre outros, dun dos libros de maior éxito de vendas en galego, Crime en Compostela. Vén de publicar a novela Tras da Corda. Así mesmo, disertou de temas recorrentes na súa obra, como os fuxidos, a bandoleira Pepa a Loba e a materia artúrica. O IES Plurilingüe ‘Eusebio da Guarda’, con estes actos, preténdelle achegar ao alumnado a literatura en primeira persoa, ao vivo.

O acto foi organizado polo Departamento de Galego e contou coa colaboración da Dirección do centro.


Fotos do arquivo da Ruta do Quijote.

Fotos rescatadas dos viaxes de anos pasados.

Ano 2005

Ano 2006

Ano 2007

Ano 2009

Ano 2010

Premio do concurso de Monólogos para tres das nosas alumnas

A Concellería de Educación, Deportes e Xuventude do noso concello organizou un primeiro Concurso de Monólogos o día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro. As  alumnas de 1º A , Paloma Bonilla, Carolina Fernández e Fátima Lousada (aí as tedes ás tres, bonitas coma berenguelas) obtiveron o segundo premio no nivel de bacharelato, cun entretido monólogo sobre as redes sociais.  Un monólogo que, ademais, resultou moi ben falado. Parabéns!


Fotografía das gañadoras do monólogo

Fotos da Ruta do Quijote 2011

Estas son unhas poucas, pero aínda virán máis...

Máis fotos do acto de homenaxe ao pintor Pablo Ruiz Picasso

   
   
   
   
   
   

As fotos foron tomadas por Xosé Reimunde o pasado 28 de decembro de 2011.

Un video rodado desde o noso Instituto

Alba Cruz, antigua alumna do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, pediunos un favor para levar a bo porto un proxecto para unha das súas materias na Universidade: "Postproducción de Video e Audio".

Ela quería facer unhas tomas moi moi especiais desde o centenario edificio no que estudou.... e nós dixemos: Adiante!

A técnica que usou Alba coñécese como Til Shift no mundiño do video, ou tamén "efecto maqueta". Mesmo o mellor será que desfrutes vendo o seu resultado. Parabéns e moita sorte!

Reportaxe do periódico El Mundo sobre o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

O pasado catro de xullo do 2011 o diario El Mundo dedicou unha páxina a falar de nós:

"Estudiar en un museo con más de un siglo de historia"

O artigo retrata moi ben de onde vimos e cara a onde estamos a chegar. Gracias ao periódico por se lembrar de nós!

Distribuir contido


by Dr. Radut