4º ESO E CORUÑEANDO POLOS MUSEOS DA CIDADE
Acceso a todas as fotos no seguinte enlace
O alumnado de 4º ESO E realizou nestas últimas semanas do trimestre unha serie de visitas aos museos da cidade, dentro do proxecto Coruñeando que se desenvolve este curso no noso centro desde a biblioteca.
Para comezar, coñeceron a exposición Encontros na Casa Museo Casares Quiroga, onde desfrutaron da visita guiada do fotógrafo Gustavo García Roig, a quen lle realizaron unha interesante entrevista. Posteriormente participaron nun obradoiro co poeta François Davo relacionando os poemas e as fotografías que integran a exposición.
Visitaron tamén a Casa Museo Picasso, e para rematar, o xoves 21 irán ao Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón.
Estas actividades serán publicadas en breve no xornal Coruñeando, realizado polo alumnado de 4º ESO E, que desexa a toda a comunidade escolar unhas felices festas!
Acceso ao blog do club de lectura
Dulce Fernández Graña