blogue deadmin
Participación en GaliciaSkills 2018
Enviado por admin o Ven, 30/11/2018 - 22:57Por primeira vez o IES de Mugardos partipou no GaliciaSkills, o V campionato galego da Formación Profesional celebrado esta semana en Silleda. O alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e composicións florais encargouse da decoración do cocktail preparado polo IES Fragas do Eume trala entrega dos premios.
Parabéns ao alumnado e aos profesores Mario e Martín por estes dous días de intenso traballo e experiencias formativas na grande cita da Formación Profesional de Galicia.
Máis información en Á Mugardesa Arte Floral
Resultados das eleccións ao Consello Escolar - 2018
Enviado por admin o Mér, 28/11/2018 - 19:34Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este martes, 27 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | |
Candidaturas electas | Juan Manuel López López |
Mª Beatriz Cepeda Cárdenas | |
Suplentes | Lara Cuervo Álvarez |
ALUMNADO | |
Candidaturas electas | Lara Cristobo Vilar |
Martina Romero Pérez | |
Suplentes | Uxío López Martínez |
Paola Alonso Rivera | |
Ana Cancela Varela | |
Juan Pena García | |
Andrea García García | |
Helena Castiñeira Pérez | |
Elisabeth Bejarano Bouza | |
Sabela Martínez Ferrer |
PROFESORADO | |
Candidaturas electas | Begoña Allegue Rodríguez |
Francisco Canoura Quintana | |
Begoña Gómez Díaz | |
Suplente | Mario Soto López |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Polo bo trato (25 de novembro)
Enviado por admin o Lun, 26/11/2018 - 19:21O acto conmemorativo en contra da violencia de xénero tivo lugar no salón de actos a quinta hora do pasado venres. Mario e Uxía conduciron o evento que se abriu coa actuación de Elsa, Uxía, Lia, Helen, Ana e María. A continuación proxectamos o video do alumnado de 2° ESO de Valores que deu paso a outros videos que nos permitirán debatir e reflexionar sobre o tema. Rematamos coa aplicación DetectAmor que nos permite coñecer como ligamos, facer o test do Amor e descubrir mitos e verdades sobre o amor.
Velaquí os vídeos de produción propia:
Visita de Xosé Manuel Ribeira: O comezo das cousas
Enviado por admin o Xov, 22/11/2018 - 19:39Está mañá estivo connosco o arteiro e xogueteiro Xosé Manuel Ribeira, creador do obradoiro e museo "O comezo das cousas" que se pode visitar na vila das Pontes. Na aula de Tecnoloxía ensinounos o funcionamento dos motores stirling e outras das súas "argalladas" sempre partindo dalgún enxeño tecnolóxico ou principio científico. Deseguro que os membros do Club de Ciencias disfrutaron co entusiasmo e paixón deste home. Estamos todos invitados a visitar o seu curioso obradoiro ou acceder á páxina d´O comezo das cousas.
Motor Stirling
Welcome, Jenai
Enviado por admin o Mar, 13/11/2018 - 12:10Entrevista coa auxiliar de conversa, Jenai Campbell, que este curso presta os seus servizos de xeito compartido entre o CEIP Unión Mugardesa e o instituto.
AVISO: Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 9 de novembro
Enviado por admin o Xov, 08/11/2018 - 21:45
Estimadas familias:
|
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 23 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 17/10/2018 - 14:13Recepción ás familias e asemblea da ANPA
Enviado por admin o Mér, 26/09/2018 - 18:41
A tarde do martes tivo lugar a recepción da dirección ás familias.
Agradecemos a asistencia que un ano máis encheu o Salón de Actos e transmitiu
o compromiso de todos na tarefa común da educación dos nosos alumnos e alumnas.
Feliz curso.
Lección inaugural (Bac)
Enviado por admin o Mar, 18/09/2018 - 22:46
Elena Brozos inaugurou o curso escolar 2018-2019 para o alumnado de Bacharelato e 4.º ESO. A súa lección inaugural versou sobre a súa propia traxectoria profesional enraízada nunha forte vocación pola medicina. Realizou un repaso á súa vida académica desde os anos do colexio de primaria de Franza, o IES de Mugardos do seu tempo, a etapa universitaria, o exame MIR e as experiencias laborais no estranxeiro. Explicou o seu traballo actual no Servizo de Oncoloxía do Hospital de Santiago, a docencia na Universidade e a investigación clínica. Neste último apartado tamén puido realizar un breve repaso do estado dos importantes avances médicos contra o cancro dos últimos anos. Todo iso transmitido con sensibilidade e entusiamo polo valor do estudo, a humildade e o compromiso de servir aos demais. |
Lección inaugural (ESO): música para comezar o curso
Enviado por admin o Mar, 18/09/2018 - 22:15
Laura Morgade inaugurou o curso escolar 2018-2019 para o alumnado da ESO. A súa lección inaugural tratou sobre a linguaxe universal da música. Salientou a importancia de incorporar a música ás nosas vidas e os beneficios que iso conleva. A exposición foi acompañada de interpretacións ao piano de pasaxes ilustrativas de Beethoven, Debussy e Chopin. Agradecemos á creadora da Escola de Música Laura Morgade de Ares o seu esforzo e preparación deste encontro incial de curso co noso alumnado. |
Horarios (Curso 2018-2019)
Enviado por admin o Lun, 17/09/2018 - 20:51ESO | Bacharelato | ||||
1.º ESO A | 1.º BAC A | ||||
1.º ESO B | 1.º BAC B | ||||
2.º ESO A | 2.º BAC A | ||||
2.º ESO B | 2.º BAC B | ||||
3.º ESO P | |||||
4.º ESO |
Procedemento de contratación das cafetarías escolares dos centros públicos para o curso 2018-2019
Enviado por admin o Mér, 18/07/2018 - 11:31No DOG do 17 de xuño publicouse o anuncio da apertura do procedemento para a contratación das cafeterías escolares dos centros públicos, repartidas en 4 lotes (un por cada provincia) e 255 sublotes (cada un dos establecementos). O enderezo electrónico do procedemento, dentro da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, é o seguinte:
https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=366224
Aí poderán atopar toda a documentación: cláusulas administrativas, condicións técnicas e anexos para a licitación.
O prazo de presentación de ofertas remata o 13 de agosto.
Para as dúbidas relacionadas coa recepción das ofertas e o desenvolvemento das mesas de contratación:
A Coruña: teléfono 981 18 47 45/981 18 47 30; fax 981 18 46 29.
A cafetaría do IES de Mugardos forma parte do lote 1, sublote 62. | ||
Superficie salón: 28,6 m2 Superficie cociña:8,12 m2 Superficie almacén: 6,70 m2 Equipamento do centro: barra, cambota e extractor, vertedeiro, termo de auga, estores, toldos, mesas, cadeiras e vitro pequena. Horario: De 8:45 a 13:25 de luns a venres e os martes de 16:20 a 18:00 horas. |
No arquivo anexo pode comprobar a descrición de todos os lotes.
Despedida do presidente da ANPA
Enviado por admin o Dom, 01/07/2018 - 21:07No último Consello Escolar demos unha agarimosa despedida a Luis Manuel Brage Varela. Tras doce anos á fronte das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as , primeiro no colexio de Franza e os últimos sete cursos na ANPA do instituto, demostrou que se pode pode servir ao ensino público desde todos os sectores, e o da representación das familias é dos imprescindibles. Salientamos del o grande espírito de colaboración, crítica construtiva e boas doses de sentido de humor. Grazas, Manolo!!!
Entrega do equipamento E-dixgal (1.º e 2º. ESO)
Enviado por admin o Sáb, 23/06/2018 - 13:14Información sobre a xestión do equipamento E-dixgal
ALUMNADO SEN OBRIGA DE ENTREGA
- Alumnado de 1.º ESO que aproba todo en xuño e promociona o vindeiro curso para 2.º ESO. Neste caso poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material limpo e en perfectas condicións.
As familias que o desexen tamén poden depositar o equipo no centro ata o comezo do curso 2018-2019, pero deberán asinar o documento de devolución (ANEXO) - Alumnado de 1.º e 2.º ESO con materias pendentes para a convocatoria de setembro.
ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN XUÑO
- Alumnado que non vaia cursar estudos no centro o vindeiro curso e non teña que examinarse en setembro.O
- Alumnado de 2.º ESO que aproba todas as materias E-Dixgal.
Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro durante a semana do 25 ao 30 de xuño e asinar o documento de entrega:
ANEXO: Devolución material E-Dixgal
ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN SETEMBRO
- Alumnado que pasa para 3.º ESO e acode á convocatoria de setembro.
Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro antes do 7 de setembro e asinar o documento de entrega.
VII Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 21/06/2018 - 23:39
Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.
No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.
Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.
. |
Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.
Fondo solidario e axudas para material
Enviado por admin o Lun, 04/06/2018 - 20:33- Impresos: Anexo I e II
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »