FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Traballos e premios
Proxecto de vida activa e deportiva (Curso 2021-2022)
Enviado por pcanteroc o Lun, 20/06/2022 - 20:57Entérate Mugardos
Enviado por admin o Mar, 14/06/2022 - 22:06O alumnado de 1.º e 2.º ESO percorreu a vila a tarde do martes para repartir polos comercios e locais os carteis da campaña Entérate Mugardos. Trátase dunha campaña de conciencianciación e sensibilización en materia de igualdade e violencia de xénero impulsada polo Concello e na que participaron todos os centros educativos.
Excursión ao complexo acuático de Cerceda
Enviado por admin o Mar, 14/06/2022 - 21:43O alumnado de 2.º ESO, acompañado dos profesores Mikel Pasabant e José Luis Mayobre, gozou este luns dunha intensa xornada de no Aquapark de Cerceda.
Graduación de bacharelato. Promoción 2020-2022
Enviado por admin o Sáb, 21/05/2022 - 13:40A tarde do venres, 20 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2020-2022. Foi un acto emotivo para o alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
VISITA A FORESTAL DEL ATLÁNTICO
Enviado por guillin o Mar, 19/04/2022 - 23:29Ás veces non somos realmente conscientes do que temos ao noso arredor e desde o punto de vista industrial é un pouco o que pasa en Mugardos. Forestal del Atlántico é unha empresa punteira dentro de Galicia e que despunta a nivel nacional. Podemos entrar no debate que sempre levan aparelladas este tipo de cousas e analizar os pros e as contras medioambientais, estéticas ou adxectivos varios. Pero o que é innegable e a cantidade que procesos físicos e químicos que se desenvolven nas súas instalacións e que están sometidos constantemente a un estricto sistema de control interno e externo para non saír nos xornáis por outros motivos que non sexan, por exemplo, por ser afortunada receptora dun proxecto a nivel europeo para financiar a produción de metanol por vías ecolóxicas (o chamado metanol verde), proxecto moi esperanzador de cara ao futuro. Se a isto lle engadimos que dispón dunha planta de coxeración de enerxía, dun laboratorio moi ben dotado para análise químico-físico, dunha parte dedicada á producción de colas moi importante na industria do taboleiro, outra que produce novolacas de uso en sanitarios (a empresa Roca é o principal destinatario), industria do automóbil...etc, que recepciona nas súas intalacións envíos marítimos como os de disolucións de sosa ao 50% da empresa Ercros e outros varios que se presten a empregar os seus pantaláns...non podíamos deixar de facer unha visita e comprobalo in situ.
Esta mañá, baixo a atencion exquisita de José Manuel Pena Salido, director do departamento de Seguridade, Medio Ambiente e Calidade e varios dos seus compañeiros ao longo de todas as instalacións, o alumnado de ciencias de 2º BAC do IES de Mugardos puido comprobar persoalmente todo o anteriormente mencionado. Parabéns a todos os responsables polas explicacións e o trato proporcionado e ao alumanado polo comportamento exemplar.
A partir de agora cando se fale de Forestal del Atlántico na súa presenza xa poden opinar con propiedade e fundamento, que diso se trataba.
VEREDICTO DO XURADO NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Enviado por guillin o Xov, 07/04/2022 - 22:29Parabéns a todos os participantes no I certame de fotografía científica no IES de Mugardos porque ao final a calidade do material presentado foi moi salientable. No arquivo que se achega atoparades o veredicto máis polo miúdo e tamén varias imaxes que cómpre salientar aínda que non puidesen conseguir o premio, pero que dun xeito ou outro lograron o obxectivo principal na fotografía, que é transmitir.
Non obstante aquí tedes os gañadores:
Alejandro Cartelle pola hipnotizante captura da irreversibilidade a través dun proceso de combustión, digno da mellores portadas do suplemento dominical.
E Sandra Romero polo traballo fotográfico feito nunha magnífica colección de instantáneas, entre as que salientamos este perigoso e perfecto traxe de xeo feito a medida para unha inocente planta:
FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA
Enviado por guillin o Mér, 23/03/2022 - 01:03Desta volta entre o departamento de Física e Química e o de Plástica puxemos ao alumnado de 3ºESO a buscar coas súas cámaras un novo punto de vista sobre o que acontace ao noso arredor. A ciencia, a través das súas manifestacións cotiás, envolve todas as nosas accións e ás veces somos quen de captalas e inmortalizalas. Deixamos que sexades vos os que valoredes se acadaron este obxectivo ou non. Eu coido que sí. As dúas mellores fotografías terán un pequeno agasallo como recoñecemento á súa perspicacia científica ou calidade técnica. No arquivo que se xunta podedes velas todas en detalle.
Premio concurso do entroido
Enviado por admin o Mar, 22/03/2022 - 23:48O alumnado de 4.º ESO-B e FPBásica I gozaron ao longo da mañá deste martes dos seus respectivos premios no concurso de disfraces de aula do entroido. Nun caso desprazáronse ata as instalacións de Humor Amarelo na Coruña e noutro, ao Sould Park Jump de Narón. Trátase, asemande,das primeiras saídas en autobús coas que o centro pretende ir cara á normalidade das actividades complementarias e extraescolares.
Participación no Parlamento Xove
Enviado por ofelia786 o Mar, 15/03/2022 - 13:01O equipo formado por Uxía Mesía, Lía Rodríguez, Carlota Vidal e Yoel Sanjuán coordinado pola profesora Ofelia Lubián participaron a pasada fin de semana na fase clasificatoria da 13ª edición do Parlamento Xove.
O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. Neste caso o tema de debate foi Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente? A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
Malia non clasificarnos para a fase final, a experiencia sempre resulta enriquecedora. O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.
Premio á creatividade "Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?"
Enviado por dmmillan o Dom, 13/03/2022 - 22:39O alumnado 1.º bacharelato participou con varios traballos de creación e documentación no concurso escolar «Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?» Tratouse dunha actividade moi especial pois este ano conmemórase o 50 aniversario daqueles acontecementos.
A entrega dos premios realizouse no centro cultural Torrente Ballester. Resultou seleccionado co premio á creatividade o vídeo producido polos alumnos Miguel Ángel Rincón, Daniel Pico, Elisabeth Bejarano, Rubén Lamzildi, Beatriz Arias e Yoel Sanjuán, dirixidos polo profesor David Millán.
DÍA DA EDUCACIÓN 2022
Enviado por guillin o Mér, 26/01/2022 - 01:19Este Luns 24 de Xaneiro conmemoramos no centro o Día Internacional da Educación. Todo o alumnado puido asistir a unha proxección especial feita polo centro co obxectivo de reflexionar sobre o papel que xoga a educación no mundo actual. Non en todos puidemos prender esa faísca que acendese a luz da razón porque aínda tendemos a pensar que a educación é algo que sucede dentro das catro paredes do instituto...
Pero moitos seguro que se decataron que educar é poder vivir mellor, educar é saír da pobreza, educar é esperanza, futuro, igualdade, harmonía...
Xogamos coas palabras e as palabras trouxeron ideas, unhas esperadas, outras non tanto. Haberá que seguir educando, porque como rezaba un dos carteis protagonistas da proxección A EDUCACIÓN É UNHA ARMA DE CONSTRUCIÓN MASIVA...con sorte todas as armas fosen así
Grazas aos protagonistas do filme pola súa colaboración altruista e ao resto dos alumnos/as e profesorado pola súa colaboración nas quendas de proxección. Todo saiu perfecto ;-)
Ao mellor mañá mesmo xa non lembramos a desproporcionada diferencia de oportunidades de educación no mundo...mentras tanto quedámonos coas palabras que saíron onte do noso alumnado...ecos dos seus pensamentos...ás veces contraditorios...e que agora descansan no noso palabreiro, listas para ser postas en práctica.
Recoñecemento aos mellores expedientes das ABAU
Enviado por admin o Xov, 24/06/2021 - 21:47
Parabéns ás alumnas Sofía Cao e Sara Rodríguez recoñecidas hoxe no acto de homenaxe aos mellores expedientes das ABAU.
Minuto 56:33
Graduación de 2.º Bacharelato
Enviado por admin o Sáb, 22/05/2021 - 20:54Este venres, 21 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2019-2021. O propio alumnado organizou o acto cos tradicionais discursos e visionado das imaxes do seu paso polo centro. Entre outras contou coa intervención dos profesores titores Telmo de Paz e Miguel Gil. Salientamos a mención da matrícula de honra á alumna Sara Rodríguez Vilaboa.
Foi sen dúbida un ano duro. Co esforzo e mais a fortaleza da súa mocidade, o apoio das familias e do profesorado, esta promoción puido sacar o curso adiante.
Moita sorte, bachareis. Parabéns!!!
Maios, 2021
Enviado por Serafín o Xov, 06/05/2021 - 18:47Tampouco este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera Estes son os maios do alumnado de 1.º ESO e FPBásica.
Participación na Olimpíada Matemática (2.º ESO)
Enviado por Mayobre o Sáb, 01/05/2021 - 21:57Como en anos anteriores o noso instituto participou na fase local da Olimpíada matemática dirixida ao alumnado de 2º. ESO. O nosos/as representantes, acompañados do profesor José Luís Mayobre, realizaron o pasado xoves 29 de abril as probas na Facultade de Ciencias da Educación no campus de Elviña (A Coruña).
8 de marzo. Día Internacional da Muller
Enviado por admin o Mér, 10/03/2021 - 13:24Carreira de orientación deportiva
Enviado por pcanteroc o Lun, 08/03/2021 - 14:18Día de Rosalía de Castro
Enviado por admin o Xov, 25/02/2021 - 14:34O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro coa lectura dun dos seus poemas. Da man do alumnado de Artes Escénicas (4º ESO) lembramos "A volta ó lar".
Día da Paz
Enviado por admin o Dom, 07/02/2021 - 15:29Búscanse humoristas
Enviado por admin o Xov, 04/02/2021 - 14:19Catálogo de arranxos florais para San Valentín
Enviado por patriciablanco o Mar, 02/02/2021 - 18:58Realiza a túa encarga xa!!!
Mención de Honra na Olimpíada Matemática
Enviado por admin o Lun, 25/01/2021 - 11:21Un ano máis, o departamento de matemáticas participou na Olimpíada Matemática Galega. Nesta ocasión asistiron as alumnas de 1.º bacharelato Isabel T., Emma V.
e de 2.º, Carla A. e Juan P. Os docentes foron Alberto L. e María C., acompañados na fotografía pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
Parabéns a todos e todas as participantes e en especial pola Mención de Honra para Juan Pena.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »