Skip to Content

blogue deolga.mcabalar

ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Hoxe non estamos celebrando o Día do Libro na nosa biblioteca, nin nas nosas aulas, nin nas nosas librarías , pero hoxe celebramos esta data dun xeito moi especial porque, malia o que estamos vivindo, atopamos un motivo ilusionante para achegarnos e reunirnos ao redor do libro e da lectura.
 
Se a lectura é, a meirande parte das veces, un acto solitario e individual, o seu poder e o poder do libro puido facer posible esta colectiva e marabillosa resposta a unha convocatoria á que acudiron representantes de todos os sectores da comunidad educativa. E con todas as súas achegas é posible visualizar neste vídeo as moitas posibilidades que o libro nos ofrece.
 
Damos as grazas a todos os que participaron na súa creación e, en especial, aos alumnos e alumnas que xa non están neste curso no instituto, porque a súa colaboración deixa claro o vínculo creado: sabemos que podemos contar con eles, saben que poden contar con nós.
 

Neste mundo actualmente ameazado por un virus, hai moitísima xente que leva dentro outro virus, o da lectura, para o cal non hai que atopar vacina ningunha.

 
E desde aquí volvemos repetir #AbrimosUnLibroEQuedamosNaCasa
 
 
 

Traballo do departamento de Música

Suspensión das clases - marzo, 2020

Os materias e traballos das seguintes materias
impartidas pola profesora OLGA CABALAR:

                • Música (2.º e 3.º  ESO)
                • Artes Escénicas (4.º ESO)
                • Linguaxe e práctica musical (1.º Bacharelato)
                • Obradoiro de Teatro (1.º Bacharelato)
                • Valores Éticos (2.º ESO-B)

estarán dispoñibles no blog

https://lecturamos.blogspot.com/

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut