Skip to Content

Concurso de presentacións electrónicas de nadal

17/11/2011 18:27
09/12/2011 18:27
Etc/GMT+1


Xa estamos ás portas do Nadal e a  Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do concurso de presentacións electrónicas de Nadal.

O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Os traballos máis enxeñosos e cun deseño máis orixinal serán seleccionados para formar parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da secretaría xeral. Ademais, outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego para cada un dos gañadores ou gañadoras.

Para participar
Se estades interesados en participar, podedes enviar as vosas presentacións a calquera dos seguintes enderezos electrónicos:
secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es ou a sxpl.secretaria@xunta.es. O prazo de admisión das propostas remata o día 9 de decembro de 2011.

Todas as presentacións-e que realicedes contribuirán, sen dúbida, a favorecer o uso da linguga galega na comunicación propia destas festas e no ámbito das tecnoloxías.

Animádevos a participar e a vivir o Nadal en galego!



event | by Dr. Radut