Skip to Content

II Día da Ciencia en Galego

04/11/2011 00:00
04/11/2011 23:00
Etc/GMT+1


II Día da Ciencia en Galego


O vindeiro 4 de novembro celébrase o II Día da Ciencia en Galego. Está dedicado á muller na ciencia e á quimica, porque este ano celébrase o Ano internacional da Química. O motivo principal para declarar o 2011 Ano Internacinal da Química  é o centenario do Premio Nobel de Química outorgado no 1911 a Marie Curie polo descubrimento do radio e polonio.


Marie Curie é a primeira muller que recibe un  Premio Nobel . En 1903 recibe o primeiro, o da Física,  xunto ao seu marido, Pierre Curie, polas súas investigacións sobre os materiais radiactivos. É tamén a primeira muller que recibe dous, pois vai recibir o segundo, o da Química, en 1911.


Este ano tamén está dedicado a unha investigadora, matemática, coruñesa: María Josefa Wonenburger. Esta  foi a pimeira muller que se licenciou en Matemáticas na Universidad Central de Madrid, 1950. Foi tamén a primeira en conseguir  unha beca Fullbright para facer o seu doutoramento na Universidade de Yale. Os seus estudos centráronse na teoría de grupos de semellanzas e alxebras de Lie.  Aquí deixamos un enlace a un vídeo homenxe a esta importante figura. http://youtu.be/1V3pgZqSuIA



event | by Dr. Radut