Skip to Content

Medidas do departamento de lingua e literatura galega para seguir o curso e poñerse en contacto co profesorado durante o tempo de suspensión das aulas

Marzo de 2020

  • A forma de comunicarse que usará a profesora de Lingua Galega de 2º de ESO e 4º ESO-B será a través do correo electrónico do instituto: inmaotero@iesdavidbujan.com. Xa se lle enviaron a todo o alumnado a través deste medio as instrucións precisas para os próximos días.
  • O alumnado de 2º de ESO ten que entregar o relato que estaba programado para o día 23 nesa mesma data a través dun documento adxunto. A partir dese día subministrarase material novo.
  • O alumnado de 4º de ESO-B ten que entregar un comentario de texto e a análise dunhas frases para o martes 17. A partir dese día recibirán polo correo novas directrices.
  • O alumnado de 1º ESO-A e 1º ESO-C e 4º ESO-A recibirá información a través de abalarMóbil, coa conta do correo do centro e dos seguintes blogs:
    • 1º ESO (LG): http://cadernodegalego1.blogspot.com/
    • 1º ESO (2 LE): http://cadernodeportugues1.blogspot.com/
    • 4º ESO (LG): http://cadernogalego4.blogspot.com/
  • O alumnado de 2º de bacharelato seguirá utilizando Aula Cesga e poderá poñerse en contacto coa profesora a través do correo: carmensuarez@iesdavidbujan.com
  • O alumando de INEIN e 1º ESO-B recibirá instrucións a través do correo corporativo do instituto e poderá poñerse en contacto coa profesora no correo anterior.
  • O alumnado de 3º de ESO e 1º de bacharelato recibirá información do profesor a través do correo: portosanchez@iesdavidbujan.com e da Aula Virtual do instituto.
  • O alumnado coa materia pendente de cursos anteriores será atendido a través de Google Classroom. Para calquera consulta enviar un correo á profesora: carmensuarez@iesdavidbujan.com


page | by Dr. Radut