25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Levantouse do chan lenta e dolorosamente percibiu o rumor perenne do fútbol Como unha autómata case sen querer cruzou o espazo da sala colleu a fregona do baño sen enfrontarse co espello regresou á cociña lenta e dolorosamente como cada xornada Fregou ben as baldosas lenta e dolorosamente o sangue e as bágoas. Carlos Negro |
Baldosas: |
Manifesto elaborado por alumnas de 4º ESO |