Conferencias, charlas

Exposición e conferencia sobre os graos da Escola Técnica Superior de Minas

O pasado día 14 de febreiro tivo lugar unha conferencia sobre os graos impartidos na Escola Técnica Superior de Minas da Universidade de Vigo, a cargo dunha profesora e un alumno de dita Escola, coa asistencia do alumnado de ciencias de 1º e 2º de Bacharelato. Durante os 10 días seguites estiveron expostos no vestíbulo do Centro uns paneis informativos sobre os recursos enerxéticos e mineiros de Galiza.

III Día da Ciencia en Galego - 2012

En galego faise Ciencia! 

Actividades no IES III Día da Ciencia en galego e da Semana da Ciencia.

1. Exposición participativa "Do Big Bang ao LHC", con sorteo de premios entre os e as participantes.

    Forma de participar.

2. Conferencia "Pescudando nas orixes da materia". Por Cibrán Santamarina

3. Leonardo da Vinci  Cociñeiro. Verdade ou mentira?

 

En galego tamén se fai ciencia

Os perigos de Internet

O 15 de maio o alumnado de 3º ESO asistiu á charla: OS PERIGOS DE INTERNET

Resumo da charla

Preguntas do alumnado

  

  

 

Galicia na Antártida

O pasado día 27 de marzo tivo lugar no salón de actos do IES a conferencia "Galicia na Antartida: os proxectos de investigación" a cargo de Dª. Adoración Sánchez Mata coa cal fixemos a ano pasado unha videoconferencia en directo durante a súa estancia na Base Gabriel de Castilla na Antártida.

                                  

Charla Prostitución - 4º ESO e PCPI

O Martes 13 de marzo, o alumnado de 4º ESO e PCPI asistiu a unha charla impartida por FARAXA acerca da educación afectivo sexual, onde se lle explicou cal é a realidade que se esconde detrás da prostitución. A charla foi o colofón dun traballo que partiu da lectura Bangla, a historia dun matrimonio concertado en Bangladesh. Continuou coa análise da prostitución nese país a través dunhas fotos publicadas por El País, para rematar co estudo da situación na nosa cidade. Trátase de sensibilizar aos e ás xoves que se inician nas relacións sexuais, xa que se está adiantando cada vez máis a idade dos consumidores de prostitución.

 

Fotos en PDF

Programa de Intervención Familiar

 

 

 

O pasado 28 de Febreiro o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil asistiu á charla impartida no Salón de Actos por profesionais do Programa de Intervención Familiar do Concello de Vigo. A charla correu a cargo dunha Educadora (Chipi) e un Educador (Iván), quen contaron co apoio de Sole, coordinadora da empresa que xestiona este servizo (Fundación Aldaba). Durante máis de hora e media estes profesionais deron un repaso as funcións que desempeñan no seu labor diario, e clarificaron algún conceptos de interese para o alumnado, especialmente aqueles que poden estar vinculados co seu futuro labor profesional. Aquí queda un pequeno resumo da charla.

Charla Igualdade martes 13 marzo

O Martes 13 de marzo o alumnado de 3º ESO e PCPI participou nunha actividade do grupo Quérote

FOTOS PDF

Charla Bombeiros sen Fronteiras

O día 20 de decembro de 2012 estivo con nós, outro ano máis, José Antonio Torres, membro de Bombeiros sen Fronteiras.

Comentario do alumnado

Charla Policía Local Vigo

Machismo ao volante. Tal vez a escola aínda teña  moito que dicir con respecto á introdución da perspectiva de xénero en todas as súas actuacións. No caso da Educación Viaria queda moito camiño por andar na prevención de accidentes baseada na eliminación de roles sexistas estereotipados.

Charla Policía Local de Vigo ao alumnado de 4º de ESO e PCPI

O 1 de decembro levouse adiante no IES Chapela un curso de formación en Educación Viaria con Perspectiva de Xénero impartido polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local de Vigo. Á parte dos contidos relacionados coa condución de vehículos, normas e seguridade, introduciuse neste curso 2011-12 un novo aspecto, a perspectiva de xénero. Existe machismo ao volante?

Charla Faraxa: Igualdade

Distribuir contido