Conferencias, charlas

Mayte Celeiro Mallo, responsable de CaixaProinfancia, no IES de Chapela

 

O pasado venres, día 4 de marzo, Mayte Celeiro achegouse ao IES Chapela para compartir co alumnado do 2º curso do CFGS en Educación Infantil o traballo en prevención e protección infantil.

A charla, encadrada no módulo de IFAM, xirou en torno a dous eixos diferenciados. Por unha banda, explicouse o traballo realizado dende CaixaProinfancia, onde Mayte é coordinadora, para combater o risco social das crianzas e as súas familias. Por outra banda, afondouse nas medidas de protección da infancia en desamparo, máis concretamente no traballo realizado por Arela nas Casas de Familia e tamén nos Centros de Atención de Día.

A maiores, o alumnado puido preguntar en torno ao perfil profesional, ao desgaste emocional das persoas traballadoras, ao traballo directo coas familias, entre outras moitas cuestións.

 

Charla de Xaruma

O pasado 18 de febreiro o alumnado de APSD Modular recibiu unha charla sobre saúde mental ofrecida pola Asociación Xaruma. Nela puidemos achegarnos ao labor desenvolvido por esta entidade e debater arredor dos mitos e verdades dos problemas de saúde mental, tan presentes na nosa sociedade actual. Grazas a María por axudarnos a entender mellor esta realidade!

Charla con Jessica Martínez

O martes 15 de febreiro os grupos 1 e 2 de APSD tiveron unha charla con Jessica Martínez Romero, unha moza que padece unha enfermidade rara co grao 3 de dependencia. Falounos do seu día a día e dos coidados que precisa. Ela é feliz porque valora as pequenas cousas de cada día, e todo o que a rodea. Aprecia o cariño de todas as persoas que a coidan, familia e profesionais. Gustaríalle ser coach para axudar as persoas a ser un pouco máis felices. Ten unha cadeira motorizada que lle permite realizar todas as actividades cotiás de xeito autónomo. Moitas graza Jessica.

Obradoiro de locución oral - Educación Infantil

O luns 20 de decembro, o alumnado do 1º e 2º curso de Educación Infantil do IES Chapela desfrutou dun obradoiro de locución e narración oral impartido por Damián, da empresa Solo Voz. Esta actividade contribuíu a mellorar a expresión oral do alumnado e a perfeccionar a súa capacidade de empregar a voz como ferramenta fundamental do seu futuro desempeño profesional. 

Discamino no IES de Chapela

A semana pasada unha delegación especial do proxecto Discamino, coa nosa alumna Lara Urdiales, acompañounos coas súas experiencias de aprendizaxe e motivación. O alumnado de APSD participou nesa charla con grande interese. Grazas!! Por gardar un anaquiño do voso importante tempo para estar en Chapela.

Charla da Asociación "Down Vigo"

Hoxe o alumnado de 1º e 2º APSD, acompañados polas súas profesoras Lorena Rodríguez e Noela Marcos, asistiron a unha charla da asociación "Down Vigo". A responsable da área social, Carmen, e o psicólogo, Anxo, explicáronnos o traballo que se fai desde a entidade para favorecer a plena inclusión social das persoas con Síndrome de Down e o apoio ás súas familias na cidade de Vigo e arredores. 
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!
 
Charla Down Vigo 1 Charla Down Vigo 2

 

CHARLA "VIDA INDEPENDENTE. ASISTENTE PERSOAL"

 
Hoxe Carlos Rodríguez, do Proxecto Ekohuerta, estivo no aula de 2º curso do CFGM APSD para compartir con nós a experiencia da Asistencia Persoal e os seus coñecementos como propietario dunha granxa de agricultura ecolóxica. Aprendimos moitas cousas sobre como debe ser e actuar un Asistente Persoal e o importante da actitude e a vontade para o bo desempeño do noso traballo. Moitas grazas Carlos e ata pronto!
 
Charla Ekohuerta

 

Charla Asociación Abertal

A Asociación Abertal acudiu ao noso centro a falarnos do seu proxecto de atención a menores en situación de risco (dentro do Programa CaixaProInfancia) e do Clube de Ocio Inclusivo, ademáis de informarnos doutras moitas accións que levan a cabo como o programa de Voluntariado Europeo. Os ciclos destinatarios foron os de Educación Infantil e APSD tanto diúrno como modular e Integración Social.
 
Charla Abertal 1 Charla Abertal 2  

Ponencia sobre Educación Infantil en Brasil

Hoxe achegámonos á educación infantil en Brasil no  IES de Chapela, con unha ponencia a cargo de Renata de Almeida, profesora de Pedagoxía no Instituto de Sao Paulo. Participa alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil. Foi moi interesante coñecer as diferenzas e parecidos entre ambos continentes e abrir portas para compartir experiencias entre alumnado.
 
Educación Infantil en Brasil 5 Ponencia Educación Infantil en Brasil 2
Ponencia Educación Infantil Brasil 4 Ponencia Educación Infantil Brasil 3

Charla Documentación Sanitaria

Os alumnos e alumnas de 1º do Ciclo Superior de Documentación Sanitaria asistiron o luns 20 de maio a unha charla impartida pola Asociación Derecho a Morir Dignamente sobre o Documento de Instruccións Previas.
Charla 1 Charla 2
Distribuir contido