Conferencias, charlas

Ciclo de conferencias ALIMENTACIÓN SAUDABLE - Nutrición infantil

Continúa o ciclo de conferencias ALIMENTACIÓN SAUDABLE que se desenvolverá ao longo do curso 2017/18 no IES Chapela e que se iniciou o 4 de decembro do pasado ano. Hoxe, 15 de xaneiro de 2018, o alumnado de Dietética puido asistir á segunda charla do ciclo. Nesta ocasión o tema presentado xirou en torno á Nutrición infantil, e foi impartido pola nutricionista Natalia Albino Quirós e a dietista Patricia Dios Coto. Ambas as dúas profesionais formáronse no IES Chapela.

Ciclo de conferencias ALIMENTACIÓN SAUDABLE - Alimentacion vegana e vexetariana

O 4 de decembro tivo lugar a primeira charla do ciclo ALIMENTACIÖN SAUDABLE que se vai desenvolver ao longo do curso 2017/18. Neste inicio do ciclo a conferencia xirou en torno ao tema Alimentación vegana e vexetariana e á mesma asistiu alumnado de Dietética diúrno e adultos oferta modular. As ponentes foron a nutricionista Natalia Albino Quirós e a dietista Patricia Dios Coto. Ambas as dúas profesionais formáronse no IES Chapela.

Presentación de Libros

1 de decembro, 10:30 a 12:00 / Sala de Conferencias

Departamento de Lingua Galega

 

Carlos Pazos-Justo

A imagem da Galiza em Portugal

Através Editora, 2016

 

Roberto Samartim

Mudança política e sistemas culturais em transiçom

Laiovento, 2017

         

O alumnado de 1º Bacharelato coa profesora de Lingua Galega, Olga Nogueira,

participou na presentación dos libros de Carlos Pazos e Roberto Samartim.

Carlos Casares - Conferencia

Hoxe venres 12 de maio de 2017 o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiu á conferencia do profesor Carlos López Bernárdez sobre a vida e obra de Carlos Casares. Esta conferencia, xunto coa exposición sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, foi organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
 

 

Charla Maltrato Infantil Asociación AMINO

      O pasado Mércores 17 de Febreiro de 2016 a "Asociación Abuso y Maltrato Infantil NO" (AMINO) ofereceu unha charla destinada ao alumnado do CS Educación Infantil (Modular), á que tamén asistiu, polo seu interese, o alumnado do CS Integración Social. Deste evento deixou constancia a propia Asociación na súa WEB. Na mesma se pode descargar o material que empregaron durante a charla

Presentación WebDoc "Imagine Elephants" e charla-coloquio cos seus creadores.

O pasado 16 de Decembro tivemos o privilexio de contar coa presencia de Elena Cruces e Julián Maguna, creadores do Documental "Imagine Elephants: unha experiencia sobre o xogo e a infancia". Desfrutamos da súa explicación acerca da orixe deste proxecto sobre o xogo libre e espontáneo, e o seu proceso de creación. Visionamos o documental (accesible vía web neste enlace) e finalmente intercambiamos unha serie de enriquecedoras reflexións sobre o papel das/os futuras/os educadoras/es infantís acerca do xogo e a infancia. Foi, sen lugar a dúbidas, unha divertida e fantástica tarde.... de moito proveito! Grazas pola vosa visita!

 

Imagine Elephants   Presentación  Visionado  

VI Día da Ciencia en Galego - 2015

 

Videoconferencia:

A máquina que construé a mente a realidade

Ponente: Xurxo Mariño Alonso

Organiza: CGEDLG - // EDLG Chapela - Dptos Ciencias.

Lugar: Aula de Conferencias

Alumnado: 3º ESO A / 4º ESO / 1º BACH / CS. Infantil

Centros participantes

     
Vid. Videoconferencia 

Conferencia da Asociación Dereito a Morir Dignamente (DMD)

O xoves 15 de outubro de 2015 tivo lugar no IES Chapela unha conferencia a cargo da Asociación DMD. Acudiron os seus representantes Doctor Luis Montes (Presidente federal da Asociación) e Dona Emilia Irimia Presidenta de DMD Galiza (1ª pola esquerda nas fotografías).

Os temas tratados foron:

  • O marco xurídico do Dereito á "Boa Morte".
  • Documentación e rexistro do Testamento Vital.
  • A Asociación DMD en Galiza.

A charla estivo organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade e presentada pola titora de 1º de Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia, Belén Nieto (1ª pola dereita na foto).

Alumnado que asistiu:

  • Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia: 1º e 2º curso.
  • Ciclo Formativo de Grao Superior de Documentación Sanitaria.

EDLG: Día da Ciencia en Galego - 2013

  

CONFERENCIA: O cambio climático na costa galega

Conferenciante: Xosé Antón Padín (IIM VIGO - CSIC)

Lugar: Sala de conferencias ás 12.30

Data: martes 5 de novembro

Alumnado: 4º ESO, 1º Bacharelato e CM Farmacia

Fotos do acto - PDF

Exposición e conferencia sobre os graos da Escola Técnica Superior de Minas

O pasado día 14 de febreiro tivo lugar unha conferencia sobre os graos impartidos na Escola Técnica Superior de Minas da Universidade de Vigo, a cargo dunha profesora e un alumno de dita Escola, coa asistencia do alumnado de ciencias de 1º e 2º de Bacharelato. Durante os 10 días seguites estiveron expostos no vestíbulo do Centro uns paneis informativos sobre os recursos enerxéticos e mineiros de Galiza.

Distribuir contido