Premios, concursos

Premio "Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer" - 2012

Novo premio para o IES Chapela. Esther Mato (Orientadora) e Lucía Herbón (profesora PT) estarán mañán dia 7 de setembro de 2012, en Madrid, no acto de recepción dos premios "Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer". (Invitación) Grazas e parabéns a todos e todas os e as que colaboraron no proxecto, especialmente a Esther e Lucía. Nova en Europapress. Na foto do acto de entrega de premios aparece a Concelleira de Servizos Sociais, Ensino e Muller de Redondela, María Teresa París Blanco, actual presidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

  

III Concurso De Igual a Igual.

GAÑADORAS

1º premio PATRICIA SOTO VALLADARES

2º premio MARÍA ABAL MARTÍNEZ

3º premio ARANTXA IGLESIAS OTERO

    

Olimpíadas Física e Matemáticas

O venres 13 de abril tivo lugar en Ourense o acto de entrega de premios da Olimpíada de Física. O mércores 18 de abril tivo lugar en Santiago o acto de entrega de premios da Olimpíada Matemática. Na entrega de ambos os dous premios está a nosa alumna de 2º Bacharelato Elia Fernández Blanco. Moitos parabéns!!! Nova na prensa e na páxina da xunta.

Olimpíada Física. Ourense 13-4-2012. Máis fotos Olimpíada MatemáticaSantiago 18-4-2012 Máis fotos

Olimpíada Internacional de Física - 2012

A nosa alumna de 2º Bacharelato, Elia Fernández Blanco, acadou un segundo posto na Fase Local da Olimpíada de Física. A proba correspondente á Fase Local celebrouse o pasado venres 24 de febreiro de 2012, ás 16:00 horas, na Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar), Universidade de Vigo, VIGO. Os tres primeiros alumnos e alumnas seleccionados de cada Universidade, recibirán do Ministerio de Educación un premio en metálico e irán á fase Nacional. A Fase Nacional terá lugar en Bilbao do 20 ao 23 de abril de 2012, na que se seleccionará aos cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional e aos catro da Iberoamericana.  Parabéns tamén a Alba Fernández Blanco e Paula García Oliveira por participaren  na proba.

Olimpíada Matemática 2011-12

A nosa alumna de 2º de Bacharelato Elia Fernández Blanco acadou un 3º Premio na XLVIII Olimpiada Matemática Galega 2011-12A proba tivo lugar  o dia 17 de decembro de 2011 en Santiago. Parabéns para ela e tamén parabéns a Quique e Alba, por participaren na proba.

Premio de Innovación en Orientación Profesional - 2011

A Comunidade Autónoma de Galicia vén de recibir tres premios a nivel nacional en materia de innovación e experimentación en formación e en orientación profesional. A comunidade de Galicia, recibiu unha mención honorífica na modalidade de orientación profesional polo proxecto do IES de Chapela, “Os indicadores do camiño. Mirar con atención para chegar sen perderme”, centrado na atención á diversidade do alumnado de formación profesional.

Le a nova no ABC

Premio IRENE - 2011 / No siempre el mar es azul ni la vida color de rosa

O IES Chapela recibe unha mención honorífica na convocatoria dos Premios Irene 2011, co seu traballo "No siempre el mar es azul ni la vida color de rosa". Os “Premios IRENE: la paz empieza en casa” están dirixidos a colaborar, desde o sistema educativo, coa erradicación da violencia e a promoción da igualdade real entre mulleres e homes.

 

II Concurso de Carteis "De Igual a Igual"

Carteis presentados a Concurso

 

Premios 2011: II Concurso de Carteis "De Igual a Igual"

  • 1º premio: Gabriel Díaz Núñez. 3º ESO B
  • 2º premio: Miguel Castro Darroza. 3º ESO A
  • 3º premio: César Martínez Ríos. 3º PDC
  • Premio especial: Noelia Méndez Vázquez e Daniela Gutiérrez Albornoz. 3º ESO B

Comenius: concurso de logos

Premio IRENE - 2011 / Ojos tristes, mirada baja, boca cerrada

Distribuir contido