Olimpíada Internacional de Física - 2012

A nosa alumna de 2º Bacharelato, Elia Fernández Blanco, acadou un segundo posto na Fase Local da Olimpíada de Física. A proba correspondente á Fase Local celebrouse o pasado venres 24 de febreiro de 2012, ás 16:00 horas, na Facultade de Ciencias (Ciencias do Mar), Universidade de Vigo, VIGO. Os tres primeiros alumnos e alumnas seleccionados de cada Universidade, recibirán do Ministerio de Educación un premio en metálico e irán á fase Nacional. A Fase Nacional terá lugar en Bilbao do 20 ao 23 de abril de 2012, na que se seleccionará aos cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional e aos catro da Iberoamericana.  Parabéns tamén a Alba Fernández Blanco e Paula García Oliveira por participaren  na proba.