Premios, concursos

I Torneo de Xadrez Intercentros (Redondela

    

O IES de Chapela participou no I Torneo de Xadrez Intercentros do Concello de Redondela acando un máis que excelente resultado. A equipa formada por Pablo Urbina (1ºA), Nicolás Santorio (1ºB), Sara Lago (2ºA), Aketza Regueira (2ºA), Juan Rotea (2ºA), Nerea González (2ºB), Vanesa Rodríguez (2ºC), Laura Rodríguez (2ºC), Cristian Fernández (3ºA), Manuel González (3ºA), Alexandre Rodríguez (3ºC) e Evan Silva (4ºB), trouxo para Chapela catro dos seis trofeos en desputa entregados polo concelleiro Julio Mougán. Moitos parabéns a todos e a todas elas, e ao seu profesor Antonio Bas.

 

Vanesa Rodríguez Fernández

1º Premio (1º-2º ESO)

Nerea González Canabal

2º Premio (1º-2º ESO)

Evan Silva González

2º Premio (3º-4º ESO)

Cristian E. Fernández Corro

3º Premio (3º-4º ESO)

Nova na TVE: http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20190510inf2/5192718/

 

Campionato campo a través

      Alumnado de 2º e 3º ESO, acompañado das profesoras Nuria Redondo e Diana Barreiro, participou no Campionato Zonal de Campo a través organizado polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia. Na mañá do xoves 17 de xaneiro correron representando ao IES Chapela xunto a outros centros dos concellos de Mos, O Porriño e Redondela. As nosas corredoras e corredores, da categoría cadete, acadaron un excelente resultado, destacando a terceira posición de Nerea González Canabal na categoría feminina.

IV Torneo de Xadrez - IES Chapela (Entrega de Premios)

 1º Clasificado: Adrián Durán  2º Clasificado: Cristian Fernández  3º Clasificado: Alejandro Alonso
     
Rematou o IV Torneo de Xadrez do IES Chapela cun grande éxito de participación e con tres gañadores que podedes ver nas fotos. Aínda que gañar gañaron todos os que xogaron no mesmo, como amosa a imaxe de varios dos xadrecistas co profesor de xadrez, Antonio Bas. O próximo ano repetimos e tentaremos enganchar tamén as alumnas do instituto. Noraboa a todos!   
 
   

I Campionato de Ultimate

O pasado 16 de abril comezou a desenvolverse o I Campionato de Ultimate do IES Chapela no Pavillón Municipal da parroquia. O ultimate é un deporte de equipo que se xoga cun disco voador, frisbee, tanto en pista como en praia, e que se caracteriza por ser mixto. Competiron un total de nove equipos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º Bach, chegándose a un gran final, na pista do instituto, entre 2º ESO e 1º Bacharelato. Na mesma resultou gañador 1º Bacharelato. Moitos parabéns a todas e a todos, e sobre todo á profe de Educación Física, Lucía Ferreiro, pola súa iniciativa e a súa enerxía. PDF con máis fotos do Campionato.

IV Torneo de Xadrez - Fase Final

Chegamos a fase final do IV Torneo de Xadrez do IES Chapela! A cousa está que arde! Na foto, imaxe das partidas xogadas hoxe 26 de abril. Sorte a todos!

Día do Libro - "O meu libro favorito"

Co gallo da celebración do Día do Libro, o equipo da Biblioteca do IES Chapela proponnos a actividade O meu libro favorito, dirixida a toda a comunidade escolar. Cal é o teu libro favorito? Axúdanos a escoller dez títulos. Vota na Biblioteca! Sortearemos un premio entre todas e todos os participantes.

PARTICIPA!

 

Bases e datas

O IES Chapela no LIGAMATS

Na tarde do día 6 de abril dous equipos de 1º e 2º ESO do noso instituto, participaron na LIGAMATS, unha liga entre equipos de distintos centros que ten por obxecto resolver problemas, xogos, e diferentes actividades matemáticas relacionadas cos talleres da exposición Imatxina. Nesta 1ª Fase do concurso estiveron por 1º ESO: Natalia González, Iván Nieves, Samuel Míguez e Iván González. Por 2º ESO: Manuel González, Fernando Covelo, Kevin Martínez e Pablo Couto. O noso alumnado valorou as probas realizadas como difíciles, mais ao parecer atinaron coas solucións. Moitas grazas por representarnos.  

IV Torneo de Xadrez - IES Chapela

Continúase a desenvolver con grande éxito o IV Torneo de Xadrez do IES Chapela. Na foto imaxe das partidas xogadas hoxe 22 de febreiro. Moita sorte a todas e a todos!

Olimpíada Matemática Galega - 2018

   
       

Ania Lampón (2º Bach), Adrián Durán (1º Bach) e Uxío Albá (2º Bach), viaxaron ata Santiago no día de hoxe, 19 de xaneiro de 2018, para participar na Olimpíada Matemática Galega - 2018 que se celebra na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Desta fase galega, na que están presentes centos de alumnas e alumnos de toda Galicia, sairán os tres representantes para a LIV Olimpiada Matemática Española.

Ademais de pasar varias horas, mañá e tarde, tentando resolver problemas, Ania, Uxío e Adrián, puideron facerse unha idea de como funciona a vida nun campus e descubriron algún recuncho de Compostela guiados por todo un experimentado cicerone como é o profesor de matemáticas, Aldán Santamarina. Moita sorte e moitas grazas aos tres por representar ao IES Chapela.

Fallo do I Certame de Poesía - IES Chapela

O 14 de decembro deuse a coñecer o fallo do xurado do I Certame de Poesía - IES Chapela. O xurado, integrado por profesorado do centro, unha representante do persoal non docente e unha alumna, destacou a alta participación no certame. Foron cincuenta e tres os poetas e poetisas que enviaron os seus poemas ao concurso en torno ao tema Segundas oportunidades - Reciclaxe e espiral de vida. Sinalou tamén o xurado a gran calidade das obras entregadas. Textos de ledicia, nostalxia, resistencia, denuncia, esperanza... todo eles emocionantes. Por suposto que a decisión final non foi fácil, mais estes foron os poemas seleccionados:

(Picando sobre eles podes acceder á súa lectura.) 

  1º PREMIO Reviravolta - Raquel López Rodríguez (E. Infantil Modular)
  2º PREMIO Sede de vida - Martina Suárez Muradas (1º Bacharelato)
  3º PREMIO Non á contaminación! - Lola Amoedo Trelles (1º ESO A)     

  Mención especial

Can-Boot - Alejandro Alonso Rodríguez (2º ESO A)

 

    

Os nosos parabéns ás persoas gañadoras, pero sobre todo a todas aquelas e aqueles que participastes envorcando as vosas emocións e sentimentos por escrito. Moitas grazas.

Distribuir contido