Encontro con Arantza Portabales

IMG-20210323-WA0010.jpg

O 22 de marzo os grupos de lectura de 1 Bac A e B, por un lado, e Fe G por outro, participaron en senllos encontros con Arantza Portabales, autora de Beleza vermella, a novela escollida para o Club de Lectura no 2º trimestre.

 

Falamos coa autora de cómo xorden as historia e a desta novela en concreto, como prepara a trama, os personaxes, da presenza da arte na obra e doutros moitos aspectos sobre os que  preguntaron  os alumnos.

 

Foi un encontro moi ameno e interesante e ademais contounos unha primicia: en maio sairá unha segunda parte con Abad e Barroso como protagonista. 

Esperamos ansiosos a súa publicación.

 Clica  na imaxe para ver máis fotos do encontro 

Carriandola

          Carriandola, de  Aloysius e Simón Blanco

Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre. Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da Prata que se dirixe a Santiago. Mariña, unha nena especial, alérxica ás mentiras, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz.

Esta abraiante viaxe foi seguida por un grupo de alumnos de 2º ESO C que nos dan a súa opinión sobre este fermoso texto.

Selene Abalde Calvo: “Gústame moito o libro en xeral, pero o que máis me gusta é cando chegan ao castelo de Lupa e descobren que o realmente importante é Mariña, porque é unha herdeira da luz”.

Marta Benavides Viñas: “O que máis me gustou foi cando Lupa di que Mariña é unha “herdeira da lus”. Tamén me gustou o final, cando Lupa di que lle dá igual que todos marchen, xa que ten capturados máis nenos que naceron no apagamento e unha réplica da abrideira (unha figuriña), pero sen Mariña non a pode activar”.

Sofía Gallego Alonso: “O que máis me gustou do libro foi cando Mariña e o seu avó encontraron a neta de Silveiro da Pena e esta lles deu a cabeza da abrideira de Mariña”.

Dúas moedas

Un grupo de alumnos de 2º ESO C  leu no1º trimestre  Dúas moedas, de Núria Tamarit. Na obra,  Mar, unha adolescente europea, viaxa a Senegal acompañando á súa nai, que traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nunha aldea  ao norte da rexión. Pronto se decatará  de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuízos e descoñecemento.

 Velaquí o que opinan sobre esta fermosa historia algúns dos alumnos:

Antía Álvarez Pillado:  “O que máis me gustou do libro foi a representación das persoas de África. Os medios de comunicación case sempre representan os refuxiados ou os de países de África como “pobres negritos” que necesitan axuda, pero o que necesitan, en realidade, é voz para contar o que pasa”

Mei You Falagan Mota: “O que máis me gustou foi o significado que se lle dá á historia da viaxe de Mar, a protagonista. Reflicte moi ben que, aínda que teñas moitas cousas non por iso vas ser máis feliz. É unha historia moi bonita!”

Lais Guimarães Paro Bellagamba: “O libro en xeral é moi bo e o feito de ensinar curiosidades sobre a forma de vida que leva a xente de Senegal e a súa cultura é fantástico e, dende o meu punto de vista, educativo”.

Emmanuella Obinyimkyina Otsiwah: “O que máis me gustou foi a trama e o colorido dos vestidos das mozas de Senegal e os debuxos en xeral. Gústame tamén a personaxe principal e a historial toda”.

Beleza vermella

 Beleza vermella           Arantza Portabales

En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime.

O grupo de lectura de 1º Bac A e B leu e comentou esta novela de A. Portabales.  En xeral, a valoración é moi positiva. Naiara comenta que o libro lle encantou, tanto que llo recomendou a súa nai. O que máis lle gustou son o ben que  están entrelazadas e desenvolvidas as distintas historias ata chegar ao desenlace. Mantén a intriga ata o final. A Pedro gustoulle especialmente como están tratados os personaxes, con tanto transfondo, e as relación  que se establecen entre eles,  de xeito que todos son posibles asasinos de Xiana, todos tiñan motivos e isto non se despexa ata o final. David cre que a autora logra darlle profundidade á trama porque non se centra só no caso de Xiana senón que tamén amosa a vida e preocupacións dos outros personaxes. A isto engádese o emprego de varios narradores, o  que dá varias perspectivas á historia.

22 segundos

Durante os meses de xaneiro e febrero, os grupos de lectura de 3º ESO A e B leron e comentaron  o libro «22 segundos» de Eva Mejuto. 

Esta novela relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. 

En xeral, os alumnos consideran que o libro está escrito de forma sinxela e directa e que os atrapou dende o principio.  Consegue que empaticen con este colectivo discriminado dende sempre.

Antía Martínez di que o libro lle pareceu moi bo, pois fala de moitos temas importantes e explica as situacións polas que teñen que pasar os transexuais, duras e inxustas, cheas de obstáculos, que lles pon a sociedade. O libro fai reflexionar sobre todo iso. O mesmo opina Antía Ledo, xa que se deu conta do mal que o pasan estas persoas que non se senten ben co seu corpo. A Sandra gustoulle moito porque cre que están ben reflectidos a inseguridade e o medo que ten unha persoa transexual antes de “saír do armario”. Daniel apunta, ademais, que o feito de estar narrado en 1ª persoa fai que te acabes poñendo na pel de Álex e comprendendo mellor estes casos. A Pedro pareceulle que,  a pesar de que Xela vive un pesadelo, ao final é capaz de cumprir o soño que tiña de que todos o visen como un rapaz, coma el se sentía.

La metamorfosis

LA METAMORFOSIS

Gregorio Samsa se despierta en su habitación transformado en un ser horroroso. Debe ir a trabajar y sus padres intentan entrar en su habitación. Al descubrir que es un ser extraño, quedan completamente horrorizados. La familia Samsa viaja a un hotel y encierran a Gregorio en una habitación. Más adelante, la hermana de Gregorio le trae comida y le toca el violín. Angustiado, Gregorio empieza a manejar los nuevos rasgos de su cuerpo. Llega un momento en el que los padres de Gregorio se cansan de su hijo y empiezan a pelear. Más adelante, Gregorio sufre sintiendo el dolor que le han causado los múltiples golpes que ha recibido. Enferma y al final, muere. La familia Samsa se alegra y justo al final, la hermana de Gregorio se recoge el pelo y estira su cuerpo joven.

OPINIÓN: Kafka relata el libro de una manera sorprendente y genial. Este escritor es capaz de sumir al lector en un mar de angustia y tristeza. Al terminar de leerlo, les dije a mis padres: "Estoy... asombrado". Pero sin duda, lo que más me gusta del libro es el final. Por un lado, la familia Samsa está alegre y por otro lado, su propio hijo ha muerto convertido en un ser horroroso. Al leerlo, no sabía si reír o llorar. Es un final excelente... Y siempre consideraré a Kafka uno de los mejores escritores de la historia.

 

                                                                               Noah Muñoz  Ruiz (1º da ESO)