Carriandola

          Carriandola, de  Aloysius e Simón Blanco

Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre. Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da Prata que se dirixe a Santiago. Mariña, unha nena especial, alérxica ás mentiras, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz.

Esta abraiante viaxe foi seguida por un grupo de alumnos de 2º ESO C que nos dan a súa opinión sobre este fermoso texto.

Selene Abalde Calvo: “Gústame moito o libro en xeral, pero o que máis me gusta é cando chegan ao castelo de Lupa e descobren que o realmente importante é Mariña, porque é unha herdeira da luz”.

Marta Benavides Viñas: “O que máis me gustou foi cando Lupa di que Mariña é unha “herdeira da lus”. Tamén me gustou o final, cando Lupa di que lle dá igual que todos marchen, xa que ten capturados máis nenos que naceron no apagamento e unha réplica da abrideira (unha figuriña), pero sen Mariña non a pode activar”.

Sofía Gallego Alonso: “O que máis me gustou do libro foi cando Mariña e o seu avó encontraron a neta de Silveiro da Pena e esta lles deu a cabeza da abrideira de Mariña”.