Novas

1º B colabora con el Santuario Gaia

El grupo de 1ºB de ESO ha apadrinado a Sonia, una jabalí del Santuario Gaia (www.fundacionsantuariogaia.org). Con ello no sólo colaboran con la gran labor que se realiza desde esa asociación, sino que desarrollan su sentido de la generosidad y de la iniciativa. La revolución también se puede hacer con 12 años.

V COMPETICIÓN DE ROBOTS DA ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL DE VIGO

O pasado venres 26 de abril un total de 56 rapaces e rapazas do noso instituto participaron na "V Competición de Robots da EEI" organizada pola Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, na que se chegou ao milleiro de estudantes.

Nesta ocasión participou alumnado de 2º de ESO que cursa a materia de Introdución á Robótica, de 4º de ESO que cursa Tecnoloxía e de 1º de Bacharelato con Tecnoloxía Industrial, chegando tres equipos á final e acadando un dos grupos de cuarto un 5º posto entre un total de 58 equipos que competían na súa categoría.

Accede ás novas da Competición:

Un milleiro de estudantes na V Competición de robots en Vigo, na TVG

171 equipos participaron na Competición de robots da UVigo, en Código Cero.

ADMISIÓN DE ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS

 Listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso 2019/20

1º ESO

3º ESO

4º ESO

1º Bach

2º Bach

O prazo de reclamacións é do 25 de abril ao venres 3 de maio.

MULLERES TIC. CONFERENCIAS

O xoves 4 de abril, Eva Cernadas, profesora de Enxeñería Informática da USC e investigadora no CITIUS, impartiu a conferencia "Informática visual aplicada á Medicina e á Bioloxía" na aula de usos múltiples do instituto para alumnado de 1º A de ESO e 1º de Bacharelato de TIC. A profesora Eva Cernadas xa colaborara con parte deste alumnado cunha entrevista para a páxina web Luminísticas.

Eva Cernadas falounos de mulleres e homes relevantes na historia da Informática, de linguaxes de programación e programas informáticos, píxeles, resolución, e outras cuestións técnicas sobre imaxe. Finalizou a súa conferencia amosándonos programas creados por ela mesma para a análise de imaxes, que se aplican nos campos da Mediciña e a Bioloxía.

A continuación impartiu un obradoiro para o alumnado de Bacharelato no que profundizou nas aplicacións creadas por ela e insistiu na importancia de considerar as aportacións á sociedade deste tipo de proxectos. Afondou asimesmo nas linguaxes de programación empregadas para crealas, nas súas características e especificidades. Explicou diferentes proxectos nos que participou e  conversou co alumnado sobre metodoloxías de traballo no campo das TIC e da Ciencia en xeral.

Por outra banda, o pasado venres 29 de marzo, a profesora Susana Ladra, directora do Campus Innova da UDC impartiu a Charla Divulgativa "A nosa pegada dixital en internet: canto saben de nós e para que o usan" para o alumnado de 4º de ESO.

Ambas actividades están organizadas ao abeiro do proxecto "Elas nas STEAM" co que o IES de Brión participa no programa Rapazas Emprendedoras nas TIC do Plan Proxecta.

Charla informativa sobre os estudos na Universidade de Santiago de Compostela para alumnado de 2º de bacharelato

O luns 11 de marzo o alumnado de 2º de bacharelato tivo unha charla sobre os estudos na USC, nela participaron o profesor Pedro Rey e Belén Moldes, ex alumna do noso instituto.

Resultado de imagen de usc

LuminísTICas obtén o 2º premio en Wisibilízalas

LuminísTICas, a proposta do IES de Brión para a 3ª edición de Wisibilízalas, ven de ser recoñecida co 2º premio na categoría Sénior.

O pasado día 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller , déuse a coñecer o fallo do xurado na web oficial de Wisibilízalas, un certame convocado polo  Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra.

Este traballo foi elaborado por alumnado de TIC I de 1º de Bacharelato Científico Tecnolóxico coa colaboración de alumnado de EPVA de 4º de ESO no apartado gráfico e deseño web.

En LuminísTICas publicamos perfís, entrevistas e referencias de mulleres galegas ou formadas en Galicia que traballan co sector TIC e participan activamente en proxectos de divulgación de mulleres nas TIC.

Grazas a Natalia Costas Lago, Eva Cernadas García, Ana Cidre Perry, Sonia Lois García, Carmen Cotelo Queijo, Laura Milagros Castro Souto, María Saez Fernández, Mercedes Rodríguez García e Miriam Pena Villanueva pola súa colaboración con este proxecto.

Parabéns ao alumnado participante!

.

VI Olimpíada Filosófica de Galicia

A fotografía Mentres máis preto esteas menos ves do  alumno de 1º de Bacharelato Carlos Andrés Ruíz Abete resultou seleccionada na modalidade de Fotografía na VI Olimpíada de Filosofía de Galicia. Neste curso académico o tema elexido para a Olimpíada é Realidade e apariencia no mundo actual.

O próximo xoves 14 de marzo, Carlos deberá realizar unha defensa de 5 minutos, explicando como naceu a idea, cal foi o seu proceso de realización, cal foi o nivel de participación do alumnado e a axuda recibida polo profesorado á hora de levala a cabo.

O gañador ou gañadora de cada modalidade na Olimpíada Galega ofreceráselles a posibilidade de participar na Olimpíada Estatal en representación da Olimpíada Galega, coa viaxe e os gastos pagados.

Todos os participantes e todas as participantes recibirán un diploma acreditativo de participación na Olimpíada Filosófica de Galicia.

PARABÉNS e QUE VIVA A FILOSOFÍA!!

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Traballo realizado polo alumnado de Igualdade de Xénero (1º ESO).

Descarga o GIF en alta calidade.

.

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A FOLGA DE ALUMNADO PARA O 8 DE MARZO

Diante da xornada de folga de estudantes convocada para o día 8 de marzo a dirección do IES de Brión comunica o seguinte:

  • O alumnado do IES de Brión dos cursos 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de BAC decidíu secundar a folga convocada.
  • O alumnado de 1º e 2º de ESO, segundo a normativa vixente, non poderá participar en ningún tipo de mobilización que supoña a non asistencia a clase como consecuencia dunha decisión colectiva. Tan só poderá sumarse á folga individualmente coa autorización expresa do pai/nai ou titor/a legal.
  • O alumnado que non realice a xornada de folga será atendido polo profesorado con normalidade.

"Un paso un dereito". Obradoiro de sensibilización sobre os dereitos das persoas con discapacidade

Durante os días 25 e 26 de febreiro o alumnado de 2º de ESO participou na hora de titoría nun obradoiro de sensibilización sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Está actividade foi impartida por membros da Asociación AMIPA, que con dinámicas vivenciais explicaron as dificultades coas que se atopan no día a día as persoas que teñen algún tipo de discapacidade.

Distribuir contido