Evitar navegación.
Principal

Alumn@s protagonistas

O IESEBA acada o 1º premio do concurso "Inventa en Galego con AppInventor"

Os alumnos Andrés Pérez e Samuel Uxío Rodríguez, coordinados polo seu profesor Ángel Acción, acadaron o primeiro premio na cuarta edición do certame Inventa en galego. 

Pódese acceder dende aquí á nota de prensa de La Opinión  

GRADUACIÓN 2ºBAC PROMOCIÓN 2018

O pasado 18 de maio celebrouse no Hotel Finisterre o acto de graduación dos nosos alumnos de 2ºBAC.  Pódese acceder á nota de prensa premendo na imaxe.

PARABÉNS RAPACES!!!

ENTREVISTA RADIO VOZ

 

Hoxe, 8 de maio de 2018, foron entrevistados en Radio Voz, unha representación dos alumnos gañadores do concurso "Matemáticas na Raia", Nerea Vilariño, e dos que presentaron unha radio no Día da Ciencia na Rúa o pasado sábado, Carlota Anguera, Andrés Fernández, Javier Cortegoso e Lucía González. Acompañados polos seus profesores Tamara Fernández, José Luis Naveira e José Carlos Alonso. 

Pódese acceder á entrevista, ás fotos e á nota de prensa, a través dos respectivos links en vermello:

ENTREVISTA FOTOS
NOTA DE PRENSA

 

 

Gañadores Matemáticas na Raia 2018

Os alumnos de 3ºESO-B resultaron gañadores do IV Concurso Matemáticas na Raia.

Nesta edición, realizaron a proba máis de 400 alumnos galegos, resolvendo entre todos os da aula 5 problemas. O premio é unha fin de semana lúdico-matemático para toda a aula en Esposende- Portugal. 

PARABÉNS AOS GAÑADORES E A SÚA PROFESORA TAMARA FERNÁNDEZ!!

OLIMPIADA MATEMÁTICA 2018

A alumna do noso centro, Júlia Misaki Anguera Zemba (4ºESO-C),  recibiu unha mención de honra na Olimpiada Matemática Galega
 
¡Noraboa!
 
Pulsar na imaxe para ampliar.

  

     

O IESEBA acada o 2º premio do concuro "Inventa en Galego con AppInventor"

    

O pasado 19 de xuño de 2017 tivo lugar no salón de actos do IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta), a entrega de premios do concurso de creación de Apps para Android "Inventa en Galego con AppInventor", organizado por IGACIENCIA e co patrocinio do Concello de A Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística tivo lugar, no que o alumnado de 1º de bacharelato compartiu experiencias con compañeiros de Brión, Ortigueira, Vilagarcía e Ferrol, ademáis de cos anfitrións.

O noso centro obtivo o segundo premio por un conxunto de sete aplicacións. Unha delas, “Auxilia2”, céntrase nos primeiros auxilios e preséntase como unha app “coa que poderás salvar máis dunha vida”. A ela súmanse “Actividades alternativas”, centrada nas propostas de ocio que ofrece a cidade da Coruña, e 5 aplicacións relacionadas coa localidade de Culleredo: “Estudonde”, app educativa con información de colexios, institutos, academias e bibliotecas da vila; “Goce Culleredo”, con actividades didácticas ou de ocio; “Coffeeredo”, sobre bares e cafeterías; “Cómete Culleredo”, destinada a fomentar o turismo e a gastronomía, e “CulleSport”, que contén “todo o deporte de Culleredo nunha app”. 

Noraboa!!

 

Toda a información máis detallada no blog de Angel Acción

     

 

 

OLIMPIADA MATEMÁTICA 2017

O pasado xoves 27 de Abril tivo lugar a Olimpiada Matemática Galega 2017 para o alumnado que cursa 2º da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia. Organizada por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática), a convocatoria trata de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas.

Este ano, a representación do noso centro foi da man de dous alumnos de 2º B, Marín Insua Gómez e Xesús Patiño Martínez, que se presentaron á primeira fase no IES Otero Pedrayo. Á espera dos resultados, afrontaron con ilusión esta actividade e recibiron un primeiro diploma pola súa participación.

 

Dende a dirección, o profesorado e os compañeiros dámoslle a noraboa!

                                       

     

alumn@s protagonistas

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) en colaboración coa Fundación Barrié convocaron os seguintes concursos nos que obtiveron premios alumnas do noso centro:

 IV Concurso de  Esopias

 

Paula Taibo Suárez (1ºESO-B) ca esopía Ana y Luis y Jaime na categoría:

Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO

Lucía García Castro (1ºESO-C) ca esopía Sol y luna o calor na categoría:  

Obra máis votada na web

     

 VII Certame de  Matmonólogos

 

Carmen Sánchez Rodríguez (2ºESO-B) ca obra El infinito na categoría:

Obra máis votada na web.

   

 

Os premios foron entregados o día 22 de abril durante a celebración da 

XI Feira Matemática 2017 en PALEXCO.

 

Máis información premendo nas imaxes e seguindo os links en vermello.                            

                                     

                                   

            

                  

 

Os nosos alumn@s protagonistas na Voz de Galicia

Os nosos alumn@s protagonistas:

Júlia Misaki Anguera Zemba (3ºESO-B),

Irene Losada Bestilleiro (4ºESO-A) e

Alejandro Fernández Marzoa (4ªESO-B),

saen na Voz de Galicia.

 

Preme na imaxe para acceder á publicación.

  

     

 

 

2º premio no XXIX Open Matemático

Júlia Misaki Anguera Zemba (3ºESO-B) quedou no segundo posto (con 38 puntos, a só dous do primeiro), de 1346 participantes, do XXIX Open Matemático, celebrado o pasado xoves 23 de febreiro que, en Galicia, tivo lugar na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Pódese ver máis información no seguinte link.

¡Noraboa!

Distribuir contenido