2º premio no XXIX Open Matemático
Júlia Misaki Anguera Zemba (3ºESO-B) quedou no segundo posto (con 38 puntos, a só dous do primeiro), de 1346 participantes, do XXIX Open Matemático, celebrado o pasado xoves 23 de febreiro que, en Galicia, tivo lugar na Facultade de Matemáticas de Santiago.
Pódese ver máis información no seguinte link.
¡Noraboa!