Evitar navegación.
Principal

OLIMPIADA MATEMÁTICA 2017

O pasado xoves 27 de Abril tivo lugar a Olimpiada Matemática Galega 2017 para o alumnado que cursa 2º da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia. Organizada por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática), a convocatoria trata de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da Resolución de Problemas.

Este ano, a representación do noso centro foi da man de dous alumnos de 2º B, Marín Insua Gómez e Xesús Patiño Martínez, que se presentaron á primeira fase no IES Otero Pedrayo. Á espera dos resultados, afrontaron con ilusión esta actividade e recibiron un primeiro diploma pola súa participación.

 

Dende a dirección, o profesorado e os compañeiros dámoslle a noraboa!