Skip to Content

Música

Departamento de Música

Día de Rosalía (reportaxe)

24/03/2017 12:00
24/03/2017 14:00
Etc/GMT+1

Podemos ver a continuación algunhas das imaxes máis significativas do festival poético-musical celebrado o pasado día 24 de febreiro, no salón de actos, para conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Durante a mañá, realizáronse dous pases para que todo o alumnado da ESO puidese gozar dunha moi sentida lectura dos máis coñecidos poemas da autora (“Adiós ríos, adiós fontes”; “Negra sombra”; “Unha vez tiven un cravo”; “A xustiza pola man”…), feita por varias alumnas e alumnos pertencentes e 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Estas lecturas recibiron acompañamento musical por parte do alumnado de Música de 1º Bacharelato. A continuación, Manuel Adrover, alumno de 4º ESO, interpretou unha fermosa danza en homenaxe á nosa poeta.
O peche do festival puxérono as profesoras Marisa Guerra e Nuria Vázquez achegando unha leda e animada lectura do poema “Vente rapasa, vente miniña.”

No vestíbulo do centro puidemos, tamén, gozar dunha exposición de traballos, feitos polo alumnado de Plástica, onde vimos a súa propia interpretación dos poemas de Rosalía.

Día de Rosalía

24/02/2017 00:20
24/02/2017 21:30
Etc/GMT+1

 Rosalía de castro

O día 24 de febreiro celebramos o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Organizamos un festival poético musical no salón de actos do centro, con diferentes actuacións de alumnado de varios cursos, tanto de ESO, como de Bacharelato (lectura sentida de poemas, interpretacións musicais e de danza etc.). Participamos e colaboramos nesta importante celebración diferentes departamentos. Deste xeito, homenaxeamos, a través da lectura, a música e a danza, á nosa gran poeta.

En días previos e/ou posteriores levarase a cabo a Ruada Rosaliana, con intención de acudir, cos nosos lectores e lectoras de poemas de Rosalía, a distintos lugares da vila (concello, colexios, mercado...). Procuramos a continuidade desta actividade, xa iniciada en cursos anteriores, de gran aceptación na comunidade educativa.

Gallaecia Gallaeciños

15/02/2017 08:20
15/02/2017 14:00
Etc/GMT+1

imaxe do concerto

O pasado día 15 de febreiro, alumnado de Música de 2º e 3º de ESO acompañado polos profesores Alfredo Garrido, Nuria vazquéz e Xoana Alonso asistiron a un concerto didáctico celebrado no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

"Gallaecia-Gallaeciños" é un proxecto musical - teatral educativo que pretende ensinar, dun xeito moi divertido e entretido, a HISTORIA DO JAZZ, narrando como nace cada estilo do mesmo. Explicando os diferentes estilos musicais, instrumentos, ritmos e épocas do Jazz dun xeito cronolóxico: Gospel, Blues, Ragtime, Dixieland, Swing, Bebop, Cool Jazz, Funky, Soul...
O alumnado gozou moito e tivo a oportunidade de participar e escoitar as diferentes intervencións musicais e explicacións sobre o contexto histórico, os instrumentos, así como comprender a principal fonte da que bebe a música no Jazz "A improvisación", tanto vocal coma instrumental.

A continuación, amosámosvos un vídeo explicativo realizado polos autores da actividade.

Contos do mundo

02/02/2017 09:10
14/03/2017 10:15
Etc/GMT+1

continentes do mundo 

Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.

No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.

Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. 

Distribuir contido


by Dr. Radut