Skip to Content

Física e química

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Como sabedes, desde a semana pasada estamos a levar a cabo un ciclo de charlas de prestixiosas científicas galegas no noso centro. Con esta actividade perseguimos varios obxectivos, entre os que podemos destacar dar a coñecer o labor destas mulleres de ciencia, rachar con estereotipos de xénero ou ofrecer referentes á rapazada. Máis información aquí.

 

Comeza a posta en marcha da metodoloxía experimental no programa STEMBach

Os proxectos avanzan e, neste caso, dous (Lucía e Brais) dos que formamos parte do grupo STEMBach-A Sangriña empezamos a traballar no laboratorio para determinar as condicións nas que podemos manter en cultivo individuos da ameixa asiática (Corbicula fluminea). Tamén estivemos facendo unha disección dalgúns individuos para estudar a súa anatomía.

O obxectivo dos nosos proxectos é empregar este bivalvo para determinar os efectos nos seres vivos da contaminación por hidrocarburos, metais pesados e microplásticos.

STEMbach, o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía

 

O noso centro é un dos catorce institutos galegos que imparten o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach) este curso, bacharelato que busca espertar vocacións científicas e que desenvolve unha metodoloxía enfocada á universidade.

Este enlace poñeravos en contacto co blog do proxecto: http://stembach.blogspot.com/

Charla: Que ten que ver a química con nós?

09/02/2018 11:05
09/02/2018 11:55
Etc/GMT+1

O venres da semana pasada, día 9, o alumnado de 1º Bacharelato A e 2º Bacharelato A e B (só o alumnado que cursa a materia de Física e Química) tivo a sorte de asistir á charla Que ten que ver a química con nós? Produtos naturais, fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía... que foi dirixida por Ricardo Riguera Vega e organizada en conxunto polo departamento de Física e Química e o de Orientación.

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Ricardo Riguera é tamén investigador no Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. Na actualidade a súa investigación está dirixida hacia a aplicación biomédica.

A actividade realizouse durante a cuarta hora da mañá no salón de actos do IES A Sangriña.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut