Skip to Content

O alumnado participante no programa STEMBach do IES A Sangriña defende os seus traballos de investigación ante un tribunal.

Os pasados días 7 e o 8 de maio, tivo lugar a defensa pública diante dun tribunal, dos traballos de investigación realizados polos alumnos e alumnas do IES A SANGRIÑA participantes no programa STEMBach, iniciado en 2018 co obxectivo de avaliar a calidade ambiental do entorno costeiro da Guarda. Durante os dous anos de desenvolvemento do programa, o alumnado deseñou e redactou os seus propios proxectos, desenvolveu unha importante fase experimental e redactou as súas memorias compatibilizando este traballo cos estudos de bacharelato.

Os traballos valorados o día 7 de maio, ante o tribunal formado por Edita López e Iria Rodríguez, profesoras do Departamento de Física e Química do IES A Sangriña, e presidido por Emilio Fernández Suárez, Catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, foron presentados por:

  • Mario Fernández Baz titulado “Evidencias locais do cambio climático a partir do rexistro de datos das estacións meteorolóxicas do Rosal e de Oia”.
  • Nayara Diego Rodríguez titulado “Detección de bacterias degradadoras de hidrocarburos en aguas superficiales de la zona portuaria de A Guarda”.
  • Iago Álvarez Lomba titulado “Estudio de la diversidad genética en dos poblaciones de Zostera noltei”.
  • Iria Sanz Berridy titulado “Estudio de la diversidad genética de una población de Charadrius alexandrinus”.

O venres 8 de maio, o tribunal constituído polos mesmos membros e presidido por Gonzalo Méndez Martínez profesor Titular de Xeodinámica Externa da Universidade de Vigo, valorou os traballos presentados por:

  • Daniel Zarco Fernández titulado “Evaluación de la potencial contaminación en el puerto de A Guarda por TBT usando Nucella lapillus como bioindicador”.
  • Lucía de Lorenzo Serrano titulado “Efecto de un hidrocarburo aromático policíclico (naftaleno) en el cierre de las valvas de Corbicula fluminea .
  • Brais Martínez Adrover titulado “Efectos del Zn sobre Corbicula fluminea”.

Debido á suspensión da actividade lectiva presencial por causa da pandemia do COVID-19, as lecturas e defensa dos proxectos fixéronse por videoconferencia na sala “Proyecto STEMBach” do Campus Remoto da Universidade de Vigo. O alumnado ademais de presentar os seus traballos de investigación, fixeron a súa defensa ante as diversas preguntas que formularon os membros dos tribunais.

No acto de lectura e defensa estiveron presentes os titores dos traballos, tanto do IES A Sangriña como da Universidade, os decanos das Facultades de Ciencias do Mar e de Bioloxía e a Directora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. Todos destacaron a enorme calidade científica dos traballos presentados e o seu rigor científico así como as lecturas e defensas dos traballos feitas polo alumnado. Asemade destacaron a importancia da colaboración entre a Universidade e o ensino secundario, fundamental na promoción de vocacións científicas.



story | by Dr. Radut