Skip to Content

Semana da Paz. Defensa dos Dereitos Humanos. Amnistía Internacional

Con motivo da Semana da Paz, o coordinador de Amnistía Internacional de Vigo, Antonio Alonso, preparou a seguinte presentación para os alumnos do IES A Sangriña.

 

Unha ollada literaria ós Dereitos Humanos

31/01/2013 00:00
08/02/2013 14:00
Etc/GMT+2

Co motivo do Día da Paz, a Bibliotegra do Miño ofrece unha escolma de libros sobre Dereitos Humanos, tratando temas como a muller, a guerra, a tortura, a falta de liberdade de expresión, a homofobia e distintas violacións dos dereitos  elementais dos seres humanos. Podedes consultala no seu blogue, premendo aquí.

 

Miguel-Hernandez

Retrato de Miguel Hernández, realizado no cárcere por Buero Vallejo.

"ELLA: Ese eres tú, y tú y tú. Yo soy tú, y tú eres yo. Todos hemos vivido y viviremos, todas las vidas.

Él: Si todos hubiesen pensado al herir, al atropellar, al torturar, que eran ellos mismos quienes lo padecían, no lo habrían hecho...Pensémoslo así mientras la verdadera respuesta llega."

EL TRAGALUZ, ANTONIO BUERO VALLEJO.

Bases para adxudicación de máquinas expendedoras.

O Consello Escolar do IES A Sangriña convoca concurso para adxudicar o servizo dunha máquina de café e unha de comidas e bebidas, de acordo coas bases que figuran a continuación, e tamén no arquivo adxunto.

As solicitudes entregaranse na secretaría do centro antes das 14 horas do día 1 de febreiro de 2013.

Ciclo de cine medioambiental.

O mércores 30 de xaneiro de 2013 dará comezo o ciclo de cine medioambiental, aberto a toda a comunidade, e organizado no marco das actividades do Programa Comenius REGIO, de integración de persoas con discapacidade, en colaboración co Centro San Xerome, a Asociación Avelaíña e o CEIP A Sangriña.

Reportaxe sobre o obradoiro de enfermidade mental impartido por Avelaíña.

03/10/2012 00:00
Etc/GMT+2

Dentro das actividades realizadas no marco da programación de “Comenius Regio”, o pasado 3 de outubro de 2012, 8 alumnos e alumnas do CEIP e do IES A Sangriña participaron nun “Obradoiro sobre enfermidade Mental” impartido pola psicóloga do Centro de Rehabilitación de Avelaíña, en A Guarda.

O seu obxectivo foi informar e sensibilizar o alumnado sobre a saúde mental. Utilizouse material didáctico do “Proxecto Chamberlin”, mediante un cómic que reflicte a historia dun rapaz que sofre enfermidade mental. Para dar a coñecer estas patoloxías, previlas e rachar cos falsos mitos sobre elas, a Asociación Avelaíña imparte estes obradoiros informativos para adolescentes.

avelaiña

Charla "Funcionamento dun Pleno de Concello", no IES A Sangriña.

30/11/2012 10:15
30/11/2012 11:00
Etc/GMT+2

O vindeiro venres 30 de novembro de 2012, ás 10:15 h., impartirase no salón de actos do IES A Sangriña unha charla sobre o funcionamento dun Pleno de Concello. Esta charla, a cargo de D. Juan Alberto Santos Carrero, funcionario do Concello de A Guarda, está dirixida ao alumnado de Ciclos de Administración; con todo, calquera persoa interesada do centro pode asistir á mesma.

pleno concello

Visita a Guimaraes. Capital europea da cultura 2012

O pasado martes 20 de novembro alumnos da ESO coñeceron Guimaraes. Pola mañá percorreron o casco histórico da cidade e visitaron o Pazo dos Duques de Braganza. Pola tarde asistiron a exposición de arte africano, oriental, portugués e contemporáneo no Centro de Arte e Criatividade José de Guimaraes. Os departamentos implicados na actividade foron o de Portugués e o de E. Plástica e Visual.

8ª renovación parcial do Consello Escolar do IES A Sangriña. Calendario xeral.

26/11/2012 12:30
28/11/2012 14:00
Etc/GMT+2

O proxecto "A Insua" obtén o primeiro premio Ponte nas Ondas 2012.

26/10/2012 00:00
26/10/2012 14:00
Etc/GMT+2
O proxecto A Insua, presentado no VI Certame de recolla da tradición oral Ponte nas ondas por un grupo de alumnos e alumnas do IES A Sangriña, coordinado polas profesoras Teresa Callís e Meli Rei, xunto co centro EB2 3/S de Caminha, obtivo o primeiro premio, na categoría de ensino secundario. Parabéns a todo o equipo.

Obradoiro de videocreación contra a violencia de xénero

26/11/2012 16:00
27/11/2012 21:00
Etc/GMT+2
Distribuir contido


by Dr. Radut