Skip to Content

Alumnado do IES A Sangriña asistirá á proxección de Si o vello Sinbad volvese ás illas

18/11/2011 00:30
18/11/2011 10:00
Etc/GMT+2

O próximo venres 18 de novembro de 2011, o alumnado de 3º e 4º de ESO, acompañado polo profesorado, irá ver a proxección de Si o vello Sinbad volvese ás illas, película baseada na obra de Álvaro Cunqueiro, coproducida por TVG e Ficción Produccións, dirixida e guionizada por Antón Dobao.

Máis información no blog da Biblioteca: http://bibliotegra.blogspot.com/

DÍA: venres 18 de novembro de 2011

LUGAR: Casa da cultura de A Guarda

HORARIO: 8:30/10:00

ALUMNADO: 3º ESO e 4º ESO 

 

portada libro

O Programa Empatía estase a desenvolver en 4º de ESO

Entre os días 8 e 11 de novembro de 2011, o alumnado de 4º de ESO está a participar no Programa Empatía, que se leva a cabo no centro. A continuación, o horario do programa:

 

Asemblea extraordinaria da ANPA

11/11/2011 20:00
11/11/2011 21:00
Etc/GMT+2

María González Flores, alumna do IES A Sangriña, Premio Extraordinario de Bacharelato de Galicia

Maria González Flores, alumna do centro, acaba de recibir o Premio Extraordinario de Bacharelato 2010-2011, outorgado pola Consellería de Educación a vinte alumnos e alumnas de Galicia.
Trátase dun importante recoñecemento ao esforzo, á formación e á valía persoal dos estudantes galardoados. Noraboa.

Máis información na páxina da Consellería

Novidades de outono 2011 na Bibliotegra: ler con choiva

A biblioteca do centro, Bibliotegra do Miño, como vén facendo desde o curso pasado, acaba de publicar no seu blog as novidades do outono 2011, boas propostas para as tardes de choiva que nos agardan. Convidámosvos a pasar pola biblioteca en calquera recreo para coñecer e levar libros tan agardados.

Lembrade que a biblioteca publica periodicamente esta información no seu blog: http://bibliotegra.blogspot.com/ e nas súas contas de tuenti, facebook e twiter.

Alumnado de 2º de ESO, contacontos convidados no Samaín

28/10/2011 10:00
28/10/2011 12:20
Etc/GMT+2

Dentro da programación Comenuis Regio, o alumnado de 2º de ESO A asiste na mañá de hoxe, 28 de outubro de 2011, como contacontos nas actividades de Samaín e Halloween do CEIP A Sangriña.

samain

 

Celebración do Día das Bibliotecas

24/10/2011
24/10/2011
Etc/GMT+2

Desde a nosa biblioteca, a Bibliotegra do Miño, convidámosvos a celebrar o Día das Bibliotecas, e querémolo facer lembrando a Castelao, no 125 aniversario do seu nacemento, dando a coñecer o Premio Nobel de Literatura, Tomas Tranströmer, e celebrando o recente premio de Agustín Fernández Paz. Ademais, hai proposto un interesante xogo sobre estes autores.

Para saber máis, pasade pola biblioteca, ou visitade o seu blog:

http://www.bibliotegra.blogspot.com/

Lembrade que tamén dispón de contas en facebook, tuenti e twiter.

Obradoiro para Pais e Nais

Nos seguinte adxunto tedes toda a información e ficha de inscripción para o obradoiro "EDUCANDO AOS NOSOS FILLOS E FILLAS PARA CONSTRUÍR RELACIÓNS EN IGUALDADE”

Cota ANPA

No seguinte enlace tedes o documento necesario para facer efectiva a cota do ANPA

1ª reunión Comenius Regio

Durante os días 5, 6 e 7 de Outubro de 2011 terá lugar no noso IES a primeira reunión internacional de Comenius Regio.

Distribuir contido


by Dr. Radut