Skip to Content

ABERTO O PRAZO DO FONDO SOLIDARIO

Aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar, Fondo Solidario curso 2022-2023.

Prazo de presentación: ata o 22/06/2022.

Formulario de solicitude: podedes recoller as solicitudes en conserxería e, unha vez cubertas, debedes presentalas coa documentación necesaria.

Formas de presentación:

  • No centro.
  • A través da aplicación FONDO LIBROS https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2022/23 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

Máis información nos documentos adxuntos.

É conveniente ler, cando menos, a circular adxunta:

AdxuntoTamaño
DOGA do 18 de maio de 2022.pdf1.11 MB
EXTRACTO DA ORDE DO 29 DE ABRIL.pdf433.8 KB
CIRCULAR FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (préstamo de libros da Xunta) 2022.doc42.5 KB


story | by Dr. Radut