Bases:
- As fotografías subiranse ao muro Padlet no enlace: https://padlet.com/cativica/2m86vdupdfhcywq0
- Só se admitirá unha única fotografía por estudante.
- As fotografías deben ser orixinais e non se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Non se acepta tampouco ningún tipo de retoque fotográfico.
- Valorarase o contido matemático, a orixinalidade e a calidade plástica e técnica da imaxe.
- O Dpto. de Matemáticas resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas para usos didácticos.
- Todas as fotos serán publicadas no muro.
- A participación neste concurso implica a aceptación das súas bases.
Participantes:
- Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES A Sangriña no curso 2020-21.
Premios:
- 1° premio....vale de 50€ en material de papelería.
- 2° premio....vale de 30€ en material de papelería.
- 3° premio....vale de 20€ en material de papelería.