Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Marzo 08, 2017 »
Mér

continentes do mundo 

Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño.

No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países.

Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. 

Na procura do fomento da lectura de prensa, a Bibliotegra está levando a cabo unha iniciativa que ten a finalidade de achegar a toda a comunidade educativa as fontes de información máis clásicas: prensa, revistas e publicidade á comunidade educativa do IES A Sangriña para formar lectoras e lectores críticos no uso e manexo da información escrita.

Esta semana, que é xustamente a Semana da Prensa, a Bibliotegra proponnos unha selección de revistas, escolleitas polos correspondentes Departamentos, e nós, alumnado, profesorado, nais e pais, e persoal non docente debemos votar cubrindo de xeito anónimo unha papeleta que pediremos na conserxería, e neste mesmo lugar entregarémola cuberta.
Recollidas as enquisas, a Biblioteca adquirirá aquelas que sexan as máis votadas por toda a comunidade educativa.

 A selección de revistas proposta está exposta no vestíbulo do centro no taboleiro que vedes na imaxe.

Start: 08/03/2017 08:20
Start: 08/03/2017 08:20
O pasado 8 de marzo, Día da Muller, o IES A Sangriña sumouse ao paro internacional das mulleres: vestindo roupa de cor negra, solidarizándonos con todas as mulleres que sofren violencia machista, e facendo unha cadea humana, como símbolo de unidade fronte a estes ataques diarios aos nosos dereitos.
Start: 08/03/2017 12:00
Start: 08/03/2017 12:00

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, vestimos de negro para concienciar á sociedade de que a igualdade non é unha realidade para as mulleres.

Desde o noso centro de ensino, parécenos importante reflexionar e tomar conciencia sobre esta situación: as mulleres seguen a sufrir violencia e discriminación machista.
Queda moito camiño para a igualdade, e imos andar ese camiño.

Vídeo realizado por alumnado e profesorado do IES Politécnico de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut